mércores. 30.04.2025
El tiempo

O sol deu a benvida á Semana Santa

O sol deu a benvida á Semana Santa
Procesion da Burriquita de Fisterra 2017-Foto-Dario Gomez 2 Procesión da Burriquita de Fisterra-Foto-Darío Gómez

Arrincou a Semana Santa e fíxoo baixo un fermoso sol costeiro. Vilas como Fisterra, Cee, Carballo engalanáronse para as primeiras procesións, os primeiros actos do programa relixioso. O Venres das Dolores, a Peregrinación ao Santísimo Cristo e o Domingo de Ramos coa Borriquita fixeron as delicias de centos feligreses, que levan un ano esperando.

O sol completou unha fin de semana ben fermosa, que fai aumentar as expectativas de cara á unha boa ocupación na fin de semana grande.

Procesion da Burriquita de Fisterra 2017-Foto-Dario Gomez 2 Procesión da Burriquita de Fisterra-Foto-Darío Gómez

Lucíu o sol en Fisterra, con seguridade a vila que máis o vive, lembrando que son 2.000 as persoas que colaboran activamente nas confrarías, medio pobo, literalmente. Unha Semana Santa que segue pelexando polo recoñecemento estatal como Festa de Interese Turístico, e que cada ano se supera cun completo programa litúrxico e festivo.
A resposta de veciños e visitantes foi fantástica e as xentes ateigaron as rúas e mesmo o peirao para ver pasar a Borriquita, imaxe estreada hai apenas 2 anos.

Pola Pereiriña tamén se celebrou, ao caloriño, o Domingo de Ramos, e moitos veciños quixeron aproveitalo.

Domingo de Ramos na Semana Santa da Pereirina-Foto-Rafa Quintans Domingo de Ramos na Semana Santa da Pereiriña-Foto-Rafa Quintáns Domingo de Ramos na Pereirina-Foto-Rafa Quintans Domingo de Ramos na Pereiriña-Foto-Rafa Quintans

Axenda de Semana Santa

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios