Obradoiros, concurso de disfraces e filloas no entroido de Zas
07:13 16/02/17
Completa programación de entroido en Zas na que as filloas volven a ter a súa merecida presenza. As actividades comezan o venres 24 de febriero cun obradoiro dirixido a nenos e nenas de 5 a 12 anos que se desenvolerá no centro sociocultural de Baio entre as 16 e as 18 horas. O sábado, á mesma hora, continuará. Xa o luns e martes, realizarase o mesmo taller no centro sociocultural de Zas de 11 a 13 horas. Os interesados en participar deben anotarse previamente.
O día grande da programación é o martes de entroido, o 28 de febreiro, cunha gran festa no pavillón de Zas onde non faltarán os inchables, os xogos e un concurso de disfraces no que se repartirán máis de 700€ en premios. Durante a festa de entroido repartiranse filloas gratis.
A organización corre a cargo do concello de Zas que tamén colabora coa cea de entroido de Adro.
Axenda de Entroido
- Carballo aposta por un entroido no que participen todos os grupos de idades
- Adro reparte 300€ en premios na cea de entroido
- Santa Comba prepara a súa doble sesión de entroido gracias á mocidade
- Dumbría prepara o seu gran Domingo de Entroido.
- O Entroido de Fisterra xa ten cartel e presentadores
- Carnota preparase para a festa do entroido.
- Os obradoiros e a festa mistúranse no entroido de Muxía
- Entroido de Ponteceso e Corme.
- Martes de Entroido en Cabana.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Zas