Venres. 19.04.2024
El tiempo
Alberto Pose
08:30
02/02/12

Unha de formación dos formadores do fútbol da Costa

Unha de formación dos formadores do fútbol da Costa
Quizais se podería falar moito da Terceira, e máis este ano, pois estanos a deparar unha loita moi interesante con varios equipos implicados, pero a crónica de hoxe vouna adicar a dar a miña humilde opinión sobre a formación dos formadores do fútbol da Costa. Cando falo de fútbol con xente de fóra da Costa, que non o vive ou nunca o viviu, sempre defendo o noso fútbol das poucas criticas que se lle poden dar. Unha das ultimas conversas que tiven foi cunha persoa de Madrid que pertence a unha empresa moi importante de representación, tanto de xogadores como de adestradores. Comezamos facendo unha valoración do fútbol galego, sobre todo na base, e aí e onde chega unha reflexión deste home que me fixo escribir esta crónica. Historicamente a Costa foi berce de grandes xogadores que triunfaron en categorías superiores no fútbol profesional e semiprofesional. Dun tempo para aquí, xa non están saíndo tantos xogadores, pero para min, non é síntoma de que non haia potencial, penso que falla a formación e a educación deportiva que aplicada sobre ese potencial xenera a disciplina e capacidade de sacrificio suficientes para que os futbolistas cheguen máis arriba. Cando boto contas e me saen tan poucos adestradores con formación no fútbol de base da Costa podo encontrar parte da culpa do que indicaba antes. Certo é que, antes, tampouco había máis adestradores, pero eran outros tempos nos que a ilusión corría a caudais, agora esta hai que creala e mimala. Non quero dicir con isto que a xente que está a traballar agora nas categorías de base non estea a facer un gran traballo, na súa maioría, quero dicir, que esta xente cunha maior preparación podería acadar logros moito máis importantes cos xogadores, non conseguir títulos, conseguir futbolistas de verdade. Entre moitos dos motivos que podemos atopar de que haxa tampouca xente con título de adestrador, pode ser nos poucos elementos facilitadores que hai para apuntarse aos cursos. Ata fai un ano para poder obter a formación tiñas que desprazarte a Coruña dous días a semana e pagando un importe bastante considerable. O ano pasado grazas ao CD Baio conseguiuse traer o curso para a Costa, pero este ano xa non se reeditará. É agora cando eu voto de menos un fútbol da Costa unido ante problemáticas comúns. A asociación de clubs, que nin esta nin se lle espera, era a que tiña que lidiar por esta cohesión do clubs ante estes aspectos, o que semella é que vivimos a maior desunión do fútbol da Costa en moitos anos. Se houbese fortaleza en temas de vital importancia como este poderiamos esixirlle ao colexio de adestradores que aínda que non houbese o número suficientes de alumnos o curso seguira para adiante, facéndolle entender, que por que un ano baixe o nivel de participantes non hai por que retirar o curso. Pode haber moitas vías de negociación e busca de financiamento, pero todas eles requiren que unha das partes negociadoras teña forza e esa dálla a unión. Ao mesmo tempo penso que colexio de adestradores non pode pensar en facer os cursos cunha visión de negocio, ten que pensar en clave estratéxica e de futuro, cousa que non vexo e non creo que vexa. Noutras zonas de España as asociacións costean o sobre custe que teñen os cursos ante a escaseza de alumnos, claro está, seguro que os clubs pagan unha cota considerable a asociación, en vez de aos xogadores, ao final estas cotas revirten indirectamente en mellores prestacións para o xogador. Algo impensable a día de hoxe na Costa, pero ou tentamos cambiar o modelo ou isto se vai a converter nun circo máis que nunha zona de xogadores de grandes cualidades que nunca pasearán o nome da Costa por campos de España, algún do estranxeiro, como o fixeron os Repi, Miguel, Cabrejo, Noé, Pesca, Rubén Martínez, Anxo...

Máis información

Máis información

Máis novas

Fonte

Comentarios