Unha por toda a familia futboleira da Serra de Outes
Nunca fun a ver un partido a Outes. E claro, tampouco puiden ver ese magnífico ambiente futbolístico que se vive todos os domingos no Conchido. Pero só con ver as fotos en QPC, e algo que me contan achegados da zona, decátome do que alí se pode ver. Dende logo, intentarei nesta nova edición da Copa da Costa achegarme a comprobar as marabillas que todo o mundo me fala.
Antes de continuar con esta crónica, quero darlle a noraboa a toda a afección da Serra polo que fan cada dous domingos. Pero tamén quero descatar o boísimo traballo que se esta a facer dende dentro do clube. Malia que nunca tiven o pracer de falar cos directivos, só coñezo ao míster, o bo de Manu Roque e xa von entendendo por que, creo que vai sendo hora que se recoñeza todo ese traballo.
Porque sempre que falo con xente que compite na 3ª me di o mesmo, que se a afección é de 10, algo inusual a día de hoxe no fútbol afeccionado; que a labor e a actitude da directiva co equipo rival é sempre fenomenal... Basta con ler en QPC o agradecemento do míster do Soneira B polo comportamento que tivo a directiva do Outes o día da lesión de Pichón. Con estes feitos pouco podo dicir eu, máis que destacalo e loubalo.
Tamén falaba cun presidente da zona e destacaba a organización que teñen, coma por exemplo o número de directivos, tamén inusual hoxe no fútbol afeccionado atopar tanta xente que se implique. En definitiva, que alí os equipos rivais séntese coma na súa casa. Por todo iso, e de verdade, quero enviarlle amiña máis sinceira noraboa a toda a directiva do Outes.
E xa no aspecto deportivo, a figura de Manu Roque no banco creo que é importantísima. Colleu o equipo no seu primeiro ano de competición logo de varios anos sen fútbol en Outes. Despois de tan só tres anos teno colocado moi cerca de competir o ano próximo na 2ª Autonómica. E iso a pesar das baixas que tivo, xa que despois de ver as boas campañas que fixo, outros equipos fixáronse nos xogadores da Serra, e el, coa mesma idea, tirou para adiante. E ao final, seguro que terá premio.
E se no primeiro equipo as cousas van de marabilla, nin Manu nin a directiva esqueceron o fútbol base. Aí está o traballo ben feito con equipos en case todas as categorías e cubrindo as baixas que falaba anteriormente no plantel do primeiro equipo.
Outro dos aspectos que me gustaría comentar tamén é a maneira de facilitar a información relativa ao clube aos medios de comunicación. Só tes que falar cunha persoa do clube, un Tomé, un Manu... para que che dea os resultados de todas as categorías coas aliñacións incluídas. E isto seino non só polo que me comentan os compañeiros de QPC, senón que foron varios os medios que mo contaron.
Así que só quero, de novo, enviarlle a miña meirande noraboa a toda a familia de Outes e desexarlle que ogallá o ano que ben estean en 2ª, por afección, por directiva, polo míster e todo o que fan. Creo que o merecedes, e por suposto, seguide así, dando bo exemplo aos equipos do fútbol da Costa.
Máis información
Máis artigos de Alberto Pose
- Unha de formación dos formadores do fútbol da Costa.
- Alberto Pose analiza a primeira volta da 3ª Autonómica.
- Repaso da Semana Santa futboleira.
- O fútbol na Costa da Morte, un mar de paixón.
- QPC MOTOR: Entrevista de David Castro con Dani Carracedo.
- Vídeo entrevista de Anxo Garrido coa vimiancesa Ana Mouzo.
- A Federación decide os ascensos e a Asociación de Clubes dá novos pasos.
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).