Venres. 19.04.2024
El tiempo

Non gardamos minutos de silencio

Non gardamos minutos de silencio

O silencio é o mandato patriarcal por excelencia. Así que con toda naturalidade pídennos minutos de silencio tamén cando nos matan.

Levamos séculos silenciando unha cultura de abusos de poder que se sostén porque é negada. Porque ocultamos e normalizamos toda unha serie de violencias sociais, culturais, políticas e económicas, nas que o asasinato non é máis que a punta do iceberg.

A "Igualdade" non é só un lema, e "A loita contra a discriminación e a violencia" non son só un eslogan de campaña. Se non se acompañan de políticas e prácticas feministas, as palabras serven para todo, pero acaban por non significar nada.

Nós sabemos ben que canto máis loitamos por revertir as desigualdades, máis reaccionaria é a resposta.

Sufrimos en carne propia como se nos insulta e agrede polas redes facendo gala dun matonismo rancio e machista que retrata ben a ignorancia de quen non coñece o bó trato. Por iso cando se lles pon diante o espello, non o aturan.

Así que nós berramos ben forte NIN UNHA MENOS. Imos facer canto ruído sexa preciso con canto teñamos para facelo. Que se nos escoite ben, que cando nos tocan a unha, tócannos a todas.

ARTIGOS DE SONLILÁ EN QPC

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios