A envexa dos anxos e das prumas
Cando rubricades eses cadros tan fermosos nos murais da xente, coa vosa firma, como única obra creada pola vosa man causádesme un lene sorriso afable, e tamén unha fonda envexa, porque, os vosos feitos, as vosas artes e os vosos plaxios insolentes condúcenvos inevitablemente o máis profundo dos anonimatos, alí ….onde reside a paz inalterable das trincheiras. Xusto no centro exacto onde habita a invisibilidade perpétua./p>
Ilustran os ilustradores ilustracións que ilustradamente descoñecen os fundamentos das cores máis fermosas dos pantonarios, e dos trinta e seis millóns de cores perceptibles polo ollo humán ignoran a composición de todas elas, máis nembargantes, proclaman os catro ventos a súa gran valía como ilustradores, pintores, ou incluso fotógrafos ……, e cáusanlle envexa a aquiles que naceron co don de debuxar mundos imaxinarios con cores novas e trazos imposibles ….. xa dende nenos. O don natural dese individuo especial, ese un entre un millón, que naceu co don das cores, dos obxectivos, das liñas alzadas, dos cadros perfectos…… eses anxos o servizo da arte e da humanidade que envexan fondamente o anonimato dos impostores. A xente, o tempo e os feitos poñen a cada un no lugar exacto onde debe estar, e os xenios deben superar o trance do pasamento para que os proclamen xenios, e os impostores pagan en vida polos seus feitos e polas súas mañas, torpes e traizoeiras.
Na escrita sucede esta mesma situación, pero… a folla en branco derruba os aspirantes a escritor. Porque a folla en branco asexaos cunha ollada de león famento e o directo improvisado sobre un escenario, sen nada preparado, é pra eles como nadar entre tabeiróns con sangue na auga. Temblan as pernas e trábase a lingua que se disculpa por non ter nada preparado. Oh!!! A folla en branco, que fermosa é a condenada. Ela fala co escritor e cóntalle contos imposibles de creer e dille cousas que nunca ninguén escoitou e conforma mensaxes novas con metáforas nunca endexamáis imaxinadas. OOOOOhhhh!!!!!!! A folla en branco, que fermosa é a condenada!!!!!!!
E cando os anxos e as prumas parten voiando cara o derradeiro agasallo das flores na friaxe dos día vencidos…. os pretenciosos proclaman a grandeza das súas obras e non respetan nin a mágoa dos magoados, nin as bágoas dos que choran, nin o loito mesmo dos que os amaron, porque os pretenciosos só aman o que pretenden ….. e o final das súas tristes vidas só lles queda eso , eso que pretendían, ser pó , ser nada con afán de algo que foxe, se vai como marchan as andoriñas o final do estío, foxen invisibles na paz das trincheiras, na paz sen cores cun curriculum vitae da cor dunha folerpa de neve.
- Óscar de Souto, pintor de follas en branco e autor de Trece Poemas.
Outros artigos de Óscar de Souto
- Antón Borrazás, apagouse a túa luz.
- A cousa de Dombate… a debate.
- Nova poesía para as ondas de radiONeria e Radio Roncudo con Óscar de Souto.
- Cabaneses que espallan cultura.
- Redacción de QPC ([email protected]).