sábado. 03.05.2025
El tiempo
09:36
26/12/12

As cartas do avó Pascasio: Esperando ós Reis Magos

As cartas do avó Pascasio: Esperando ós Reis Magos

Moi querida neta Cristina:

Escríboche uns días antes do 6 de xaneiro para recordarche que non te olvides de facerlle a cartita aos Reis Meigos. Non te rías. Xa se que creciches pero para o teu avó emigrante seguides sendo aquela nena riseira que pola mañanita do día 6 te achegabas coa túa irmá para ver si os Reis che deixaran algo. Supoño que como eran meigos sabían o cariñosas que eran comigo e sempre había juguetes para as dúas. Recordas que te estrañabas moito cando che contaba que na miña aldea nunca deixaban xoguetes? Quedabas pensativa, triste. Eu consolábate coa información de que nós nos faciamos os nosos propios xoguetes cun cacho de piola, un palito e uns clavos.

Eras moi chica para comprender que na nosa montaña fonsagradina a felicidade era ter unha hora libre á tardiña para xogar cos amigos. Alí os camellos dos Reis non chegaban, é normal, os camellos non están adaptados á neve e coa carga de agasallos quedaríanse enterrados e medio conxelados. Os nosos fogares recibían a atención personalizada do Apalpador que mentres durmiamos acariñábanos a barriguita para darnos saúde en todo o ano. Ao espertar rodeábannos unha ducia de ricas e nutritivas castañas que sacaba dunha gran bolsa que cargaba ás súas costas.

Bueno, Cristina, imos á cartita para os Reis. Se lle escribides desde o corazón cumpriranse os teus desexos pero o mellor para asegurarte ben é que lles ofrezas algo. Vouche a suxerir pensar en tres bloques temáticos de peticións cos seus respectivos compromisos do teu parte: a) a saúde; b) a familia; c) a política.

Sobre a saúde tes que pedir non ter no ano 2013 máis dun par de resfriados. Compromiso: "Seguirei apoiando o consumo de peixe e invitarei a doña Lola Rial de Cumeiro para que me permita saborear a súa famosa empanada de merluza. Non deixaremos de lado as boas pastas pero consumindo un produto de calidade recoñecida, por exemplo as que elaboran as mans artesanas das familias gayegas Bermúdez-Lavandeira".

Se falamos de temas familiares tes que pedir ter máis tempo para estar cos teus fillos. Os pibes crecen pero para unha nai sempre son uns chiquilines. Compromiso: "Pasarei todas as fins de semana que poida respirando o limpo aire patagónico e comentando cos pibes que temos unha paisaxe natural único e fermoso que debemos de protexer dos intereses económicos dos especuladores que estropean todo".

Ao falar de política a cousa complícase porque está en xogo o futuro do país. Tes que pedir que as forzas te acompañen para seguir consolidando o progreso en todos os ámbitos. En especial pedín poder mellorar o sistema educativo e sanitario. Compromiso: "Estou loitando por imperativo moral pero non teño ningunha ambición política. O meu ego está máis que colmado ao ser honrada polos electores cun mandato claro para seguir co programa comezado polo meu esposo Néstor. Si teño que facerme ao carón ---porque é o mellor para o futuro do país--- así o farei. Teño plena confianza nas nosas políticas que demostran ser as máis acertadas para non volver atrás nos logros conseguidos".

Ben, despídome, non sen antes recordarte que unha gran maioría de arxentinos deixou fai anos de mascar vidro. Están cansados de soportar aos aventureros e incompetentes que utilizan o sillón presidencial para actuar en contra dos intereses xerais.

Recibide un abrazo do avó que non che esquece.

  • Pascasio Fernández Gómez.


  • Manuel Suárez Suárez. (mansuarez[arroba]quepasanacosta.gal)

Outros artigos dende Lonxe de Montevideo

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios