xoves. 01.05.2025
El tiempo
07:16
12/03/15

Con rumbo a porto esperanza

Con rumbo a porto esperanza
patera valeira

Este será por sempre o destino predilecto dos bos e xenerosos que, coas súas loitas ailladas e persintentes, procuran, de cote, mellorar o futuro deste eido, con feitos loables, que propician novos amenceres nesta costa tan rendida e tan asoballada.

Todos estes soldados da comarca, loitadores do común, con ou sen o respaldo dos durmintes, procuramos, dun ou doutro xeito, “ó noso xeito”, endereitar o ronsel deste barco a deriba procurando novas singladuras con rumbo a porto esperanza.

Dende os medios dixitais e dende as radios veciñais estamos informando das novas de interese para o noso pobo e tamén damos cumplida cobertura a todo aquelo cultural, literario e social que poidese, no presente ou no futuro inmediato, mellorar toda esta desfeita socio-económica, ainda que é patente que somos, en realidade, pouco máis que unha lanchiña sen remos procurando emitir verdades necesarias dende o fondo dun pequeno alpendre. Mentras tanto os poderosos medios de comunicación, con fondos e recursos, omiten toda esta “revolución socio-cultural” manipulando o noticiable, con gran maestría, agochando con argucia as novas de notable interese… para ocupar este oco con toda clase de absurdas vanalidades, tontadas, e disques e diretes. Esta nova fórmula de censura encuberta forma parte deste gran teatro de marionetas e mentiras onde os feridos e duros teñen en nómina a toda clase de traidores, carentes de ética e moral, que disfrazan a súa indecencia con un fermoso traxe con garabata. Así nos vai!!! Aínda que os voluntarios da boa intención e as súas tercas intencións, convertidas en feitos constantes, son esa gota na fronte caendo unha e outra e outra, e outra vez.

Non desistiremos.

  • Óscar de Souto, pintor de follas en branco e autor de Trece Poemas.

Outros artigos de Óscar de Souto

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios