Mércores. 17.04.2024
El tiempo
09:10
04/06/12

Home clásico

Home clásico

Da man de Darío Areas, Secretario da Fundación Fernando Blanco de Lema e Coordinador do Museo, trataremos de amosar, parte do rico patrimonio que se conserva da Fundación Fernando Blanco, patrimonio que funde maioritariamente as súas raíces a finais do século XIX, pouco despois da inauguración do Colexio- Instituto no 1886.
Cada semana publicaremos a fotografía e descrición dunha peza da colección. Pezas que terán un nexo de unión: a nostalxia e a lembranza dun centro innovador e pioneiro en materia educativa e cultural, así como tamén o recordo dunha institución que marcaría o devir de Cee e da comarca.

Home clásico

Home clástico do Museo da Fundación Fernando Blanco de Lema, de Cee, Costa da Morte
  • Inventor: Louis Thomas Jerôme Auzoux (1797 - 1880)
  • Fabricante: Emile Deyrolle (París)
  • Cronoloxía: 1894 - 1895
  • Clasificación: Obxectos educativos / Historia Natural / Sección: Anatomía Comparada.

Descrición

Esta peza é un modelo desmontable de home clástico (do grego klastos, que significa roto en anacos), a tamaño reducido, no que figuran con detalle os principais elementos do noso sistema muscular, circulatorio, respiratorio, etc. Está formado por preto de 2.000 pezas desmontables, e o material empregado na súa elaboración é o papel maché (técnica artesanal antiga, orixinaria de China, India e Persia, consistente na elaboración de obxetos, xeralmente decorativos e artísticos, usando pasta de papel). Foi mercado na casa de material científico Emile Deyrolle de París.

Estes modelos formaban parte da Sección de Anatomía Comparada que fora creada cun dobre obxetivo de estudo. En primeiro lugar, permitiría coñecer a anatomía interna das especies representativas das principais clases zoolóxicas e, en segundo lugar, serviría para a comparación dos diferentes órganos e sistemas desas mesmas clases zoolóxicas. Neste caso, o home clástico utilizábanse para o estudio da anatomía interna da especie humana.

O inventor

Louis Thomas Jeröme Auzoux (1797-1880) estudou menciña en París e foi discípulo do famoso ciruxán francés G. Dupuytren.
Cando era estudante, atopouse que resultaba moi difícil estudar anatomía cando os cadáveres humanos, que él desecaba, deteriorábanse axiña, e os modelos de cera eran complicados de conseguir. Debido a esto, comezou a facer modelos anatómicos en papel maché, inspirándose en bonecas, caixiñas e outros obxetos que naquel entón eran moi populares en Europa.

No 1822 presentou a sús primeira figura anatómica neste material na Real Academia Parisiense de Menciña, e nél amosaba con gran exactitude os músculos, vasos sanguíneos, nervos e ligamentos.
En 1824, despóis dun informe favorable da Academia, realizou o seu primeiro encargo oficial: un modelo humano completo, ao que se seguiron moitos máis con destino aos centros educativos.
No 1828 comezou a producción en serie destes modelos, e para elo abreu unha fábrica en Saint Aubin dEcrosville, a súa cidade natal, onde non deixou de perfeccionar a súa técnica.

Os seus modelos anatómicos acadaron unha gran fama, e vendéronse por todo o mundo durante 150 anos.

  • Darío Areas Domínguez. Secretario da Fundación Fernando Blanco de Lema e Coordinador do Museo.

Tesouros da Fundación

Novas relacionadas

Artigos sobre Fernando Blanco de Lema

Outros artigos de Darío Areas

Máis información

Para unha información máis detallada sobre a figura de Fernando Blanco de Lema e da historia do Instituto da Fundación e da antiga Escola de Nenas, así como tamén do Museo, podedes visitarnos na Praza da Constitución, nº 25 de Cee, ou na web: www.museofernandoblanco.org.

Fonte

Comentarios