O bou Micaela naufraga no Meixón (1935)
08:56 04/12/10
Eran as 11 da noite do día 7 de febreiro do ano 1935; A maioría dos veciños da parroquia muradá de Louro velan atentos de que o gran temporal de vento do SW non arrinque as tellas dos seus tellados. Durante o día varias casas da veciñanza foron vítimas da gran virulencia do temporal que se caía e sufriron danos nas súas cubertas, algunha perdendo
a maioría das tellas. O formidable bruar do vento mesturase co estrondoso son das ondas que se esgazan ao romper na praia da Area Maior.
Entre este colosal concerto de mar e vento cólase un novo e inesperado instrumento, a desesperada buguina dun barco que pide socorro dende o con do Meixón.
Inmediatamente ducias de homes e mulleres emprenden o camiño do faro a través da escuridade alumeándose entre as tebras da escura noite con fachuzos feitos con rachas de leña sacadas son toda presa das lareiras , coa intención de atender os posibles náufragos.
Ao chegar ao pe do faro, adiviñan máis que ven, un barco embarrancado no medio das pedras do Meixón e as luces de outro que se achega para tratar de salvar aos malpocadiños mariñeiros.
O barco embarrancado era o bou de pesca “Micaela” que tiña a súa base no porto da Coruña, e o buque salvador era o gardapescas da armada “V11”.
Os veciños de Louro puideron ver como o V11 se achegaba de modo temerario ao costado do Micaela , para a través de unha sisga largada entre os dous barcos, rescatar os 16 tripulantes do bou coruñés.
O patrulleiro da armada, xa con todo os náufragos a bordo, puxo rumbo o peirao de Muros onde foron atendidos polos veciños da vila.
Os louréanos que puideron presenciar o salvamento eloxiaban a pericia que demostrara o comandante da V11, que con grande risco para o seu barco e a súa tripulación , foi quen de rescatar aos 16 tripulantes do Micaela e poñelos a todos sans e salvos en terra.
O bou non puido ser reflotado e os seus restos foron adxudicados en poxa publica realizada nas oficinas da Mutua da Federación Española de Buques de Pesca, que estaba sita no Nº 16 da coruñesa praza da Palloza, a unha empresa especializada en despeces.
O Micaela tiña folio de Sevilla , desprezaba 300 toneladas e era propiedade de D. Xosé Chas da Coruña.
- Manuel M. Caamaño (Homes de Pedra en barcos de pau).
A Cara máis íntima do naufraxio
Máis información
- Blog de Xusto Fisterra: Xusto Fisterra.
- Blog de Manuel M. Caamaño: Homes de Pedra en barcos de pau.
Novas sobre Naufraxios
- Homenaxe ao Serpent 2010: Unha ollada dende dentro á homenaxe polo 120 aniversario do Serpent .
- Unha polo Almirante Mourelle da Rúa.
- Unha reportaxe en vídeo sobre o Naufraxio Serpent.
- O recuncho da Costa: O Cemiterio dos Ingleses.
- Laxe celebrou o seu tradicional simulacro de naufraxio.
- Unha conversa repasando a historia dos Naufraxios da Costa da Morte dende Corme.
- Os Naufraxios da Costa da Morte protagonistas dunha documental de Cuarto Milenio.
- Descubrindo os tesouros que agocha o mar.
- Os 500 naufraxios da Costa da Morte.
- Homenaxe ao Bonito: “O sal, o sangue de Fisterra”.
Artigos relacionados
- Unha reportaxe en vídeo sobre o Naufraxio Serpent.
- Unhas pequenas notas sobre o Serpent e a Costa da Morte con Juan Campos.
- A Costa da Morte non existe, por Juan Campos.
- Juan Campos: "El hombre que enseñó a navegar al regatista Pedro Campos".
- Naufraxio do Liverpool: Retrato dun capitán suicida, por Juan Campos.
- Juan Campos: "El hombre que enseñó a navegar al regatista Pedro Campos".