![gordon bennett]()
As augas da entrada da ría de Muros foron testemuñas de ducias de naufraxios , pero ningún tan curioso como o que aconteceu aló no mes de Xuño do ano 1925 pois a nave naufragada non era un buque, se non era un globo aerostático o “Príncipe Leopold” que participante nunha regata de aeróstatos , (a copa “Gordon Benett”), e que tripulado polos súbditos belgas Alexander Veenstra e Philip Quersin veu caer nas augas da ría de Muros sendo auxiliado polo vapor Fernando Cardona.
Transcribo aquí o relato dos feitos que fixo D. Fernando Montes Vilariño, patrón do vapor pesqueiro “Fernando Cardona” ao xornalista do diario vigués “El Pueblo Gallego” José Vidal de Bustamante.
“Eran as dúas da madrugada, estando eu na ponte cando sentín uns berros afastados. Entón fixen soar a buguina para que se decatasen de que os escoitaramos e darlles ánimos. Eles seguían berrando e polas súas voces guiabámonos, achegándonos pouco a pouco.
-
"Estaba o globo parado"? -pregunta o xornalista-.
-
"Ca! Non señor; corría como un condenado empurrado polo vento, indo a tanta velocidade que tivemos que dar toda a marcha. Por fin , cando chegamos a el, quixen achegarme de popa, pero ante o temor de que a nosa hélice esnaquizase ao globo , fixen que o barco entrase de proa, suxetamolo e coa navalla abrino para que saíse o gas e poder recoller aos pilotos".
-
"Ía boa noite?
-
"Non. Unha noite horrorosa de mar con vento e néboa que dificultou moito o salvamento. Os náufragos –continúa relatando o patrón do vapor-, estaban nerviosismos. Os dous berraban. Boteime ao mar e, nadando, conseguín suxeitar ao mais vello, que semellaba estar derreado , e coa axuda do outro tripulante do aeróstato, subino a bordo. Logo icei ao outro. Pero todo iso cóntase moi ben ... O caso é pasalo! Cando estaban xa a bordo pregunteilles se quedaba algún máis, e para entenderme con eles pasei un mal intre, porque tan só un deles sabia español e moi mal. Cando estibemos abaixo, na maquina , démoslles fregas con augardente e saltábanlles as bagoas . Despois recollemos o globo, o que nos custou moito traballo, e sobre as cinco da mañá demos avante cara a Noia".
-
"Foron directamente a Noia?"
-
"Non; como había marea baixa, o barco non podía chegar ata o fondo da ría. Entón detivémonos no Freixo. Quersin e mais eu tomamos unha lancha e presentámonos en Noia ás autoridades. Primeiro, cando chegamos nós, aínda non se sabia nada na vila, pero á tarde, así que houbo marea alta e chegou o barco onde viña Veenstra, había no peirao unha multitude enorme que nos aplaudiu. Xantaron comigo e despois aloxáronse na casa dun francés que se brindou a telos con el.”
Fernando Montes, patrón do Fernando Cardona, sería tratado como un heroe polo salvamento dos aeronautas belgas, os cales cando estiveron sans e salvos na súa patria, enviaron a seguinte nota de agradecemento que foi tamén publicada no xornal El Pueblo Gallego:
“Por medio de El Pueblo Gallego, queremos expresar todo nuestro reconocimiento al pueblo de Galicia, que nos recibió con una amabilidad encantadora, a los marinos de Galicia, a los cuales debemos la vida, y a las autoridades españolas, civiles y militares que nos han hecho toda clase de servicios.”
A Cara máis íntima do naufraxio
Máis información
Novas relacionadas
Artigos relacionados