Os lobos feroces
Mentres timaban a avóa de caperuchiña vermella, uns banqueiros corruptos, cunha patraña dunhas preferentes e algunha que outra mentira dourada, a nai de caperuchiña, miña pobre, era desahuciada do piso coa bendición dos almirantes desta canción triste xa tantas veces cantada.
Que diría Espinete se fose un dos testemuños deste caos xigante? En verdade eu endexamáis confiei no porco espiño xigante, menudo gordinfón, rosa, vago e maleante, todo o santo día no kiosco da plaza rascando o seu bandullo seboso, vaia exemplo pos meniños da miña xeneración, da igual, están todos na diáspora e por aqui só quedan os das faces pardas, si, os grandes triunfadores do gran boom da construcción, os das anécdotas laborais como única conversa posible, que agora só aspiran a cobrar unha pensión que endexamáis percibirán, NIN DE COÑA, e tamén, como non, esa plaga inmensa de pensionistas ultra-aforradores que pasaron de ser, caporal e referencia, nunha casa chea de xente, ledicia e sorrisos, pandeireta, tambor e bombo, a ser meros matemáticos solitarios calculando, de cote, como poder chegar a fin de mes, sen matar a ninguén, para emprender novamente esa enigmática fila india ás portas dunha caixa galega… agora venezolana. Xa parecen Golum, o samesuga de “El Señor de los Cartiños”.
Mi tesoro!!!
Menudo desastre!
Cando un participa nun conta-contos xa non sabe un moi ben que conto contarlle os nenos porque as olladas dos proxenitores tamén inundan a sala e… xa sabedes, as porcentaxes de voto nestas municipais delatan que a participación foi masiva por estes lares, total, non podemos nin falar de abstención, porque a porcentaxe de abstención equivale integramente a eses mozotes empadroados só pola taxa da rodaxe do coche, que é máis barata na aldea, e polo tanto, ese voto pantasma, esa eterna abstención, non creo que sexa nin sequera legal. O que si está moi claro e que aqui a inmensa maioría está dacordo co que temos e asi o reflectiu nestas pasadas eleccións a alcaldía, onde algún mentireiro patolóxico pese a incumplir, punto por punto, todo o seu programa anterior, revalida con forza o seu feudo caciquíl, puuufff… Menuda mafia !!! Quen me dera que os nenos modificasen todo isto no futuro… pero, tal e como van as cousas, fuxirán deste xeriátrico tuceríl o antes que poidan, algún non retornará nin no nadal, e non me extraña nada.
Sinalei xa, en demasiadas ocasións, que o noso Pobo debe comprender as mensaxes dos seus defensores: poetas, articulístas, radios, etc, etc, (xa non contamos sindicatos, valedores do Pobo e demáis inútiles), e, repito de novo, como somos moi poucos os camicaces da verba que ainda temos a ilusión de mellorar todo isto deberiamos preguntármonos todos cal é a causa desta fobia extrema á lectura, xa irremediable, nalgúns casos. Porque a lectura é a derradeira salvación desta tontura manifesta. E, sen cambiar de tercio, a aqueles que saen sempre nos medios oficiais creando eventos públicos co selo dalgunha institución, sempre cobrando, sempre os mesmos, sempre con oratorias infumables e sempre sen público na sala… , … encantariame poder saber, a ciencia certa, se é que dormen ben de noite, porque, a conciencia… é moi filla de puta.
Revolucionariamente.
- Óscar de Souto, pintor de follas en branco e autor de Trece Poemas.
Outros artigos de Óscar de Souto
- En Laxe… os meniños escoitan cisnes.
- O Día das Letras… sen letras.
- Agora que as nosas casas son as casas do mar.
- Sen corpo para festas.
- Os timadores da bombona.
- Porcos e pienso.
- Alén dos nosos mares atlánticos.
- Con rumbo a porto esperanza.
- Crónica dunha morte anunciada.
- De vacacións a Suiza.
- Os laboratorios do verso.
- As nosas Rosalías.
- Esa amante secreta de Eduardo Pondal.
- O Dolmen de Dombate e o raio vermello do Solsticio de inverno.
- A envexa dos anxos e das prumas.
- Antón Borrazás, apagouse a túa luz.
- A cousa de Dombate… a debate.
Novas relacionadas
- Nova poesía para as ondas de radiONeria e Radio Roncudo con Óscar de Souto.
- Cabaneses que espallan cultura.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).