Xan das Crebas (II)
09:39 18/12/10
Continuamos hoxe unha nova proposta chea de salitre, con sabor a un mar de ausencias que nos ofrecen Xusto Fisterra e Manuel M. Caamaño dende as súas bitácoras. Unha sección cargada de sentimento, onde as historias dos naufraxios se contan en primeira persoa.
Hoxe, dende Fisterra, seguimos coñecendo, da man de Xusto Gómez a historia de Xan das Crebas, un deses buscadores de tesouros polas praias da bisbarra... Ninguén mellor que Xusto para contarnos a súa historia.
Xan das Crebas (II)
... Xan dixolle:
“¿que tes Suso, morreuche aljén?”; Suso contestoulle:
- ”Non Xan, é que levan ós meus rapaces un par de días sen ter que botar a boca, e... na praia tampouco saío nada”.
- ”¡Anda!, vén conmijo que pra min non pateaches ben a Praia”.
Suso insistiulle que pateara a praia dúas veces, pero Xan recalcáballe que ían atopar algo. Ao final e tras convencelo, Xan levouno a xunta un aserradero que había preto da praia, collío un par de tablóns duns tres metros, levounos á beira do mar, mollounos, tiroulles area por riba, e botoulles un poutado de piche, frotounos tan ben que parecía que aqueles tablóns andiveran uns cinco meses polo mar adiante. Púxolle un no lombo de Suso i el erguío o outro, e collendo camiño da casa dixolle a Suso:
- ”E disto nin chio...”
Así era Xan das crebas, teimudo, boa persoa no fondo e... ¿supersticioso?. Bueno vós diredes si era, logo de ler o que lle pasara, porque unha noite do mes das flores, estaba Xan caminando pra praía cando... sentío como un ruído ao lonxe, case alo no alto, xunta o cruce que vai ao monte... Entón escomenzou a cavilar... "A noite é escura, sén lúa e cando paseí pola casa do Antón sentín ladrar uns cans.... e, agora lémbrome dos contos do meu avó, que na paz descanse, contábame que nas noites así anda a "Rolda" na procura das ánimas dos mozos que se cruzan con ela.
Tamén me dixo que ás veces, non sempre, se escoita a campanilla con que o espíritu que vai diante avisa da súa presenza e ademais verse as luces das candeas desa lúgubre procesión. E si un se atopa con eles, o que vai diante daralle unha cruz, é dende entón, será el o que encabece o macabro desfile no cal a súa ánima irá cada noite mentres enflaquece, vélvese a de cor pálida e verdosa e logo morre".
Naquel intre, Xan, ollou que efectivamente se achegaba unha luz ondulante seguida doutras que non se daban acabado, e, dirixíanse cara el.
En vez de correr dixo
- ”¡Pois moi ben!, agora vou saber que pintas teñen estas ánimas, xa que nunca vin unha e si me agocho tras estas pedras non che me han de ver” (a eso chamolle eu ter un bo "paquete").
Así o fixo, e canto máis se acercaban, máis lle resultaba familiar a cara do que ía diante,
- "Paréceme que xa colleron a un", pensou.
Ao pasar xusto onde el estaba, recoñecío a ánima que abría a procesión, mentres que aos demais non lograba velos, sin dudalo un intre dixo:
-”¡Manolo, Manolo do crejo! ¿a onde che levan?”.
Sobresaltado, e cun susto que case lle dá un ataque, contéstalle Manolo:
- ”X..a..n.,X..a..n, ¿e.s t.í?” e Xan dille:
- ”¡Arredemo que sou eu! e, como non che deixen marchar, lárjolles uns fumeirasos que van enterrarse eles soíños.”
- “Pero..... Xan, si vou eu soamente”, contestoulle.
- “E lojo esas luces todas, ¿quéremes dicir que non vas ca "Rolda"?”, voltoulle a dicir Xan.
- ”¡Ai Xanciño!, como estás! O que pasa é que onte extravióuseme unha ovella, e ía a ver si a procuraba, e como non atopaba o candil, e facía tanto vento, para que se me aguantara a vela encendida tívenlle que poñer un anáco de plástico e ao queimárseme solta unhas pingas deixando unha estela de luces”.
- ”Pois... menudo susto me deches! que se son outro e dou volta... xa dicía mañá que vira á "rolda" a pasear por estes lares”...
Un día de temporal Xan como case sempre.... (continuará)
Xan das Crebas (II)![xan-das-crebas]()

A Cara máis íntima do naufraxio
Máis información
- Blog de Xusto Fisterra: Xusto Fisterra.
- Blog de Manuel M. Caamaño: Homes de Pedra en barcos de pau.
Novas relacionadas
- Homenaxe ao Serpent 2010: Unha ollada dende dentro á homenaxe polo 120 aniversario do Serpent .
- Unha polo Almirante Mourelle da Rúa.
- Unha reportaxe en vídeo sobre o Naufraxio Serpent.
- O recuncho da Costa: O Cemiterio dos Ingleses.
- Laxe celebrou o seu tradicional simulacro de naufraxio.
- Unha conversa repasando a historia dos Naufraxios da Costa da Morte dende Corme.
- Os Naufraxios da Costa da Morte protagonistas dunha documental de Cuarto Milenio.
- Descubrindo os tesouros que agocha o mar.
- Os 500 naufraxios da Costa da Morte.
- Homenaxe ao Bonito: “O sal, o sangue de Fisterra”.
Artigos relacionados
- Unha reportaxe en vídeo sobre o Naufraxio Serpent.
- Unhas pequenas notas sobre o Serpent e a Costa da Morte con Juan Campos.
- A Costa da Morte non existe, por Juan Campos.
- Juan Campos: "El hombre que enseñó a navegar al regatista Pedro Campos".
- Naufraxio do Liverpool: Retrato dun capitán suicida, por Juan Campos.