Xan das Crebas (III)
08:25 01/01/11
Continuamos hoxe unha nova proposta chea de salitre, con sabor a un mar de ausencias que nos ofrecen Xusto Fisterra e Manuel M. Caamaño dende as súas bitácoras. Unha sección cargada de sentimento, onde as historias dos naufraxios se contan en primeira persoa.
Hoxe, dende Fisterra, seguimos coñecendo, da man de Xusto Gómez a historia de Xan das Crebas, un deses buscadores de tesouros polas praias da bisbarra... Ninguén mellor que Xusto para contarnos a súa historia.
Xan das Crebas (III)
Un día de temporal Xan, como case sempre que facía malo, ergueuse da cama, e logo de se vestir collío camiño da praia. O mar esa noite sentíase dende lonxe, ía camiñando cando... de pronto, unha forza tirouno para atrás. El intentou seguir pero había como unha especie de muro invisible que non o deixaba avanzar. Intentouno por varias veces sen conseguilo, e logo marchou pra casa Estaba tan nervioso que cando chegou díxolle a súa dona: - “Xan, ¿que che pasou?”. El contestoulle: - “¡Nada!”, e botouse a dormir. Pola mañá cando espertou, e viña a súa dona de mercar o pan díxolle: - “Xan, acabo de oír que esta noite Paco dos bois e mais o seu curmán Luis foron atopados na praia afogados, que foran ás crebas e polo que escoitei, viñéronlle uns golpes de mar tan grandes que non poideron escapar”. Atopárannos aos dous xuntos aló dous metros pra riba da pleamar.., Xan, que estaba sentado, cerrou os ollos, apretou os puños e… respirou profundamente e dixo: - “Vaia por Deus, sabes que onte pasoume esto?”, e contándolle o conto rematoulle dicindo, “¿Por que a min non me deixou ir a praia e a eles si?”. - “Non cho sei Xan”, contestoulle a dona, “pero por algo sería...” No inverno, Xan tiña que esforzarse en atopar crebas xa que había moi poucas. Un día chamou a un "moino" que mercaba chatarra e quedou para a noite xunta unha caseta vella no muelle pra venderlle uns alpeos e mais unha cadea gorda, e cando estaban a cargar todo no camión, caeulles a Garda Civil e levounos ao cuartel. E vai Xan e díxolle ao sarxento: - Bueno, señor sarxento, ¿pódese saber por que me traen a min aquí?”. O sarxento respondeulle enerxicamente: - “¡Bueno señor! no me diga que no lo sabe, o acaso me quiere hacer tonto, pués hubo una denuncia de que estaban robando material del señor Garcia y efectivamente los cogimos a ustedes con las manos en la masa”. Vai nese intre sáltalle Xan: - “Pois mire señor, voulle a explicar coma foi. Como fai mal tempo dende hai varios días eu como usté xa sabrá ía á praia a buscar haber si saíra algo, xa que teño tres pequerrechos e non paran de decirme que teñen fame. Entón ao pasar polo muelle vin a o moino ese e díxome - ¡señó! ¿puede usted venir a echarme una mano con esto y le doi cinco duros?, e vai eu pensando nos meus cativos dixen: - Vale. E como vera usté pensei que o mercara ao señor García, xúrollo pola almiña dos meus pequenos”. Nesto o sarxento, fruncindo o ceño, mira pra Xan, que tiña unha cara de que non mataba nin unha mosca, e díxolle a un guardía: - “¡Sánchez! ,acompañe a este señor hasta la puerta y a usted le digo que no lo vuelva a ver más por aquí”. Xan todo contento saío dicíndolle: - “Gracias señor sarxento teña vostede a tranquilidade que a Xan "das crebas" non o virá máis por aquí”. Ao pobre moino que o colleron ca mercancía emais o camión caeulle un ano de cadea emais perdíu os trinta pesos que lle dera a Xan polo ferro. Uns días máis tarde (continuará…)A Cara máis íntima do naufraxio
Máis información
- Blog de Xusto Fisterra: Xusto Fisterra.
- Blog de Manuel M. Caamaño: Homes de Pedra en barcos de pau.
Novas relacionadas
- Homenaxe ao Serpent 2010: Unha ollada dende dentro á homenaxe polo 120 aniversario do Serpent .
- Unha polo Almirante Mourelle da Rúa.
- Unha reportaxe en vídeo sobre o Naufraxio Serpent.
- O recuncho da Costa: O Cemiterio dos Ingleses.
- Laxe celebrou o seu tradicional simulacro de naufraxio.
- Unha conversa repasando a historia dos Naufraxios da Costa da Morte dende Corme.
- Os Naufraxios da Costa da Morte protagonistas dunha documental de Cuarto Milenio.
- Descubrindo os tesouros que agocha o mar.
- Os 500 naufraxios da Costa da Morte.
- Homenaxe ao Bonito: “O sal, o sangue de Fisterra”.
Artigos relacionados
- Unha reportaxe en vídeo sobre o Naufraxio Serpent.
- Unhas pequenas notas sobre o Serpent e a Costa da Morte con Juan Campos.
- A Costa da Morte non existe, por Juan Campos.
- Juan Campos: "El hombre que enseñó a navegar al regatista Pedro Campos".
- Naufraxio do Liverpool: Retrato dun capitán suicida, por Juan Campos.
- Juan Campos: "El hombre que enseñó a navegar al regatista Pedro Campos".