Xan das Crebas (VI)
10:10 19/02/11
Van baixando pola ladeira norte do Corpiño, era máis descansada que pola que subiron antes. Xan ollaba pra unha ermida que se vía na beira do mar. Ollou ao seo amigo e díxo:
As ondas asolagan a memoria
e descenden lentas
no aturuxo da tarde
"un acerbo ronsel
de escuma
coita a brisa
e só o silencio
—temeridade nosa—
é un devalar errante
onde se perde o norte
e o naufraxio
existe". *
E de súpeto, un gran estrondo sentiuse ao lonxe, xemidos e gritos de xente que desesperadas buscan unha táboa de salvación. Os dous homes corren, as feridas do costado de Xan non lle deixan ir máis apresa; o mar estaba bastante malo. Pasaron por preto do santuario cando viron o que temían: un pequeno barco de carga encallou nos baixos preto da costa.
O mar, cando viña, azoutaba con forza na amura de estribor facendo que escorase máis botándoo a mercede das ondas. Un tripulante que estaba na proa lanzoulle un cabo cara os dous homes logrando estes collelo e amarralo nunha pedra que quedaba máis arriba. Os tripulantes tensaron a corda e un deles pasou cara terra traendo outro cabo. Entre os tres improvisaron un andaribel polo cal rescataron aos demais membros da tripulación.
Puxéronse a descansar encima dunha gran laxa de pedra que..., de súpeto escomenzou a balancear. Os homes asustados erguéronse:
- "Tranquilos! non vos preocupedes", dixo o amigo de Xan, "esta é a pedra que antigamente servía como pedra de xustiza, na que os druídas determinaban as veracidades ou mentiras se esta se movía ou non".
Xan contestoulle: - "Entón esta é a famosa..."
- "É!", Xan cortoulle a palabra ao seu amigo, "eso é, e aquela na cal amarramos a corda e a outra". Xan botándose a mirar cara o santuario quita a gorra e santíguase facendo o mesmo a tripulación do barco. O capitán con gran sentimento dí:
- "Mandarei facer unha maqueta do barco e donareina a este santuario como mostra de agradecemento".
O amigo de Xan pasoulle a man polo lombo dicíndolle:
- "Vamos! que a noite está preto".
Colleron un camiño e pasaron a carón dunha furna que lle chaman da "rechinla", un nome que recibe deste paxaro que cría tódolos anos en ela. Máis adiante había unha fonte onde beberon e limparon as feridas. Despois seguiron cara o pobo. Ó chegar, Xan e o amigo, fixéronlle saber ás autoridades o sucedido, deixando a tripulación baixo a súa custodia.
Mentres, os dous homes marcharon cara a casa do amigo para tomar algo e pasar a noite... (continuará)
* Nota: A poesía extraída de PUNTA ARNELA, Lento bruar de Modesto Fraga.

A Cara máis íntima do naufraxio
Máis información
- Blog de Xusto Fisterra: Xusto Fisterra.
- Blog de Manuel M. Caamaño: Homes de Pedra en barcos de pau.
Novas relacionadas
- Homenaxe ao Serpent 2010: Unha ollada dende dentro á homenaxe polo 120 aniversario do Serpent .
- Unha polo Almirante Mourelle da Rúa.
- Unha reportaxe en vídeo sobre o Naufraxio Serpent.
- O recuncho da Costa: O Cemiterio dos Ingleses.
- Laxe celebrou o seu tradicional simulacro de naufraxio.
- Unha conversa repasando a historia dos Naufraxios da Costa da Morte dende Corme.
- Os Naufraxios da Costa da Morte protagonistas dunha documental de Cuarto Milenio.
- Descubrindo os tesouros que agocha o mar.
- Os 500 naufraxios da Costa da Morte.
- Homenaxe ao Bonito: “O sal, o sangue de Fisterra”.
Artigos relacionados
- Unha reportaxe en vídeo sobre o Naufraxio Serpent.
- Unhas pequenas notas sobre o Serpent e a Costa da Morte con Juan Campos.
- A Costa da Morte non existe, por Juan Campos.
- Juan Campos: "El hombre que enseñó a navegar al regatista Pedro Campos".
- Naufraxio do Liverpool: Retrato dun capitán suicida, por Juan Campos.
- Juan Campos: "El hombre que enseñó a navegar al regatista Pedro Campos".