As Placas conmemorativas de Enrique Mayer Castro (I): O Autor

Enrique Mayer Castro, de ascendencia alemana, naceu en Santiago de Compostela o 13 de abril de 1861, no seo dunha familia artesán adicada á reloxería e á fabricación de caixas de música. Dende mozo, a súa afección polo gravado levouno a estudiar na Sociedade Económica de Santiago, onde foi alumno doutro gran gravador galego, o mestre Modesto Brocos.
Xa a principios do século pasado viaxou a Madrid para amplialos seus estudos a carón doutro coñecido gravador-xilógrafo, tamén de orixe santiaguesa, chamado Arturo Carretero.
Despóis de anos de formación, volveu á cidade que o veu nacer, creando un obradoiro de gravado en madeira e metais, e colaborando con frecuencia cos máis importantes xornais e revistas. A él débense as ilustracións de varias revistas coma “Galicia Diplomática” e “Galicia Humorística”, e de varias obras coma “Arqueología Sagrada”, “Lecciones de Arqueología”, “Pórtico de la Gloria” e “Historia de la Catedral Compostelana”, do canónigo e arqueólogo López Ferreiro.
Este xenial artista acude a varias exposicións (Barcelona, Lugo, Santiago, París, Bos Aires, Madrid) onde sobresae coas súas aportacións artísticas en acibeche.
Ademais da súa faceta artística, ten un grande interese a súa aportación investigadora á arte do gravado sobre madeira ou xilografía.
Exerceu a docencia dende 1890 coma profesor de debuxo na Sociedade Económica de Santiago, dende onde impulsou o establecemento dun obradoiro de escultura en acibeche, co obxeto de que non se perdera esta noble arte. Tamén foi profesor de debuxo artístico na Escola de Artes e Oficios de Santiago; ámbolos cargos desempeñounos ata a súa morte.
De entre as diversas actividades da súa vida artística podemos citar:
- En 1896 forma parte do xurado de Artes Liberais da Exposión Rexional de Lugo.
- En 1897 é nomeado Socio de Mérito da Asociación de Artes Gráficas de Santiago.
- En 1919 é nomeado membro correspondente da sección de Belas Artes do Instituto de Estudos Galegos da Coruña.
- En 1928 forma parte da 1a Xunta Directiva da Sociedade de Amigos da Arte de Santiago.
- En 1929, forma parte xunto con Castelao e outros artistas do Tribunal para conceder as pensión da Deputación de Pontevedra.
- Dende 1930 é nomeado membro do Padroado que redactou a carta fundacional da Escola de Traballo. (…)
Enrique Mayer morre en Santiago 0 15 de novembro de 1931.
Enrique Mayer Castro merece ser lembrado coma galego ilustre, por toda unha vida adicada ó traballo e a difusión dos seus coñecementos, e, especialmente, pola súa gran aportación ás artes da Galicia do seu tempo.
- Darío Areas Domínguez, Coordinador do Museo Fernando Blanco e Secretario da Fundación.
Tesouros Ocultos da Fundación
- Introdución.
- A colección de ouverivería da Fundación (I).
- A colección de ouverivería da Fundación (II): A Decoración da Capela (I).
- A colección de ouverivería da Fundación (III): A Decoración da Capela (II).
- A colección de ouverivería da Fundación (IV): A Decoración da Capela (III).
- A colección de ouverivería da Fundación (V): A Decoración da Capela (IV).
- A colección de ouverivería da Fundación (VI): A Decoración da Capela (V).
- A colección de ouverivería da Fundación (VII).
- A Farmacia da Fundación (I).
- A Farmacia da Fundación (II).
- A Farmacia da Fundación (III).
Novas da Fundación
- A música pechou un mes de Cultura na Fundación Fernando Blanco.
- Os alumnos de Cee disfrutan da ciencia e dos contos no Mes da Fundación.
- Neira Vilas repasou a emigración ás Américas no Mes da Fundación.
- Rosalía e Jorge Mira comparten tesouros con Fernando Blanco.
- Cee descobre os Tesouros Ocultos de Fernando Blanco.
- A Fundación amosa os seus Tesouros Ocultos.
Artigos sobre Fernando Blanco de Lema
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (I).
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (II) – O testamento.
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (III) – O traslado dos restos mortais a Cee.
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (IV) – Problemas á hora de cumprir as últimas vontades do fundador.
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (V) – 125 anos de historia educativa no Instituto Fernando Blanco.
- A Guerra da Independencia na vida de Fernando Blanco de Lema.
Outros artigos de Darío Areas
Tesouros da Fundación
- Hemisferios de Magdeburgo, 13 Xul 2012
- Balanza Hidrostática, 03 Xul 2012
- Tetarodon testudineus (Peixe Globo), 27 Xuñ 2012
- Caliza con Ammoniteds Nodotianus, 20 Xuñ 2012
- Aparello de Silberman, 12 Xuñ 2012
- Home clásico, 04 Xuñ 2012
- Custodia, 30 Mai 2012
- Barómetro de Fortin, 23 Mai 2012
- Placa conmemorativa, 16 Mai 2012
- Albarelo, 09 Mai 2012
- Manómetro de Bourdon, 02 Mai 2012
- Pirómetro de Cadrante, 24 Abr 2012
- Marmita de Papin, 18 Abr 2012
- Máquina eléctrica Mixta de Carré, 11 Abr 2012
- Pila en columna de Volta, 03 Abr 2012
- Bomba Aspirante-Impelente, 28 Mar 2012
- Aparello de Nollet, 21 Mar 2012
- Máquina pneumática, 14 Mar 2012
- Atril de Altar, 07 Mar 2012
- Lámpada de Berzelius, 29 Feb 2012
- Modelo de aventadora, 22 Feb 2012
- Ganímedes, 13 Feb 2012
- Máquina de escribir Underwood nº5, 08 Feb 2012
- Harmonium Mustel, 01 Feb 2012
- Aparato de Kipp, 25 Xan 2012
- Papoula Silvestre, 18 Xan 2012
- Máquina de vapor de Watt, 11 Xan 2012
- Gravado “La Virgen del pez”, 03 Xan 2012
- Fonógrafo, 23 Dec 2011
- Centrífuga con accesorios, 21 Dec 2011
- Cristo Crucificado (óleo), 04 Dec 2011
- Fol acústico de 8 tubos, 26 Out 2011
- Máquina eléctrica de Ramsden, 19 Out 2011
- Capela da Fundación, 13 Out 2011
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (V) – 125 anos de historia educativa no Instituto Fernando Blanco, 08 Out 2011
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (IV) – Problemas á hora de cumprir as últimas vontades do fundador, 06 Out 2011
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (III) – O traslado dos restos mortais a Cee, 01 Out 2011
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (I), 29 Set 2011
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (II) – O testamento, 29 Set 2011
- O Argonauta, 26 Set 2011
- Monumento adicado a D. Fernando Blanco de Lema, 21 Set 2011
- O piano vertical Rönisch, 14 Set 2011
- Lanterna Máxica, 07 Set 2011
- Modelo da Locomotora Crampton, 31 Ago 2011
- Abeto grego, 24 Ago 2011
- Óleo de Fernando Blanco de Lema, 23 Xul 2011
- Cámara escura fotográfica, 23 Xul 2011
- Gramófono, 23 Xul 2011
- Telégrafo de Morse, 23 Xul 2011
- Esquema Orográfico e Hidrográfico de Galicia, 20 Xul 2011
- O primeiro teléfono de Cee, 13 Xul 2011
- Presentación dos Tesouros da Fundación Fernando Blanco de Lema, 06 Xul 2011
Máis información
Para unha información máis detallada sobre a figura de Fernando Blanco de Lema e da historia do Instituto da Fundación e da antiga Escola de Nenas, así como tamén do Museo, podedes visitarnos na Praza da Constitución, nº 25 de Cee, ou na web: www.museofernandoblanco.org.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).