As Placas conmemorativas de Enrique Mayer Castro (II): Vicente Vázquez Queipo


A primeira placa está adicada a Vicente Vázquez Queipo, apoderado entre os anos 1880 e 1888 dos primeiros albaceas de Fernando Blanco de Lema.
Vicente Vázquez Queipo naceu o 17 de febreiro de 1804 en Samos (Lugo), máis concretamente no pazo de Lusío.
Comeza os seus estudos na casa familiar, para continualos no famoso Colexio do Cardeal en Monforte de Lemos.
No 1820 ingresou na Universidade de Valladolid. Adicouse ó estudo das ciencias exactas, físicas e naturais, á vez que ás asignaturas de Dereito, conciliando dúas formacións que parecían antitéticas: a xurídica e a físico- matemática. Doctorouse nesta facultade no 1826, e catro anos máis tarde ganaba, por oposición, a Cátedra de Física da Universidade de Valladolid.
Cando parecía destinado á docencia, a súa fama universitaria trascendeu a Madrid. Comisionado polo goberno español, o ministro López Ballesteros converteuno no primeiro bolseiro que España desprazou a París para completala súa formación na Escola Central das Artes e das Manufacturas, e como consecuencia dos seus xa grandes coñecementos e da súa constante aplicación, mereceu a honra de ser nomeado Axudante dos Profesores de Física e Química de dita Escola, que o eran Mr. Peclet e o ilustre Dumas.
No ano 1847 ingresou na Real Academia de Ciencias; formaba tamén parte da Real Academia de Historia, e era membro correspondente do Instituto Imperial de Francia dende 1860, ano no que esta importante institución científica adxudicoulle o primeiro premio de Numismática pola obra titulada “Essai sur les systèmes métriques et monétaires des anciens peuples, depuis les premiers temps historiques jusqu ́à la fin du Kalifat d ́Orient”.
Outras moitas obras publicou Vázquez Queipo durante a súa longa e laboriosa vida. Entre elas están as súas “Tablas de los logaritmos vulgares de los números desde 1 hasta 20.000, y de las líneas trigonométricas” (1853), as cales nacen coa intención de simplificalos cálculos, e convertíronse nun dos libros máis singulares da nosa historia editorial. Resultaron premiadas na Exposición Universal de París de 1867 e foron adoptadas na maior parte dos centros de ensino de España. Continuáronse vendendo, logo da morte do seu autor, durante oito décadas, e só as máquinas de calcular foron capaces de relegalas a un segundo plano.
Outro libro, o último que publicou á avanzada idade de 83 anos, tende tamén a vulgarizar os cálculos aritméticos. Titúlase “Aritmética superior mercantil”, e nél atópanse fórmulas sinxelas para resolver, por medio de logaritmos, cantos problemas poidan presentarse sobre cuestións de interese simple ou composto, incluso os empréstitos públicos, das corporacións ou das empresas particulares.
Moitos máis son os traballos publicados por Vázquez Queipo sobre asuntos científicos, económicos, monetarios ou políticos. “La cuestión del oro”, publicada en 1861; “La crisis monetaria española”, en 1866; “Informe fiscal sobre el fomento de la población blanca y emancipación progresiva de la esclava negra en la Isla de Cuba”, en 1844. Este último informe convertiuse en todo un clásico, dando a volta ó mundo.
Os cargos que desempeñou, ademáis do de Catedrático de Física, xa citado, foron numerosos: Fiscal de Facenda na illa de Cuba, Deputado a Cortes, Senador Vitalicio, Director Xeral de Ultramar, Subsecretario do Ministerio da Gobernación, Comisario Regio do Observatorio Astronómico, Presidente da Comisión do Mapa Xeolóxico de España, etc., sendo condecorado, polos seus importantes servizos, coa gran Cruz de Isabel A Católica.
Tivo peso destacado en tódalas reformas educativas constitucionais, e nos últimos anos asesorou a un ministro excepcional, o novo Conde de Toreno, o cal tramou, con Montero Ríos e co Cardeal Pallá, o nacemento simultáneo do laicismo escolar e da institución libre de ensinanza. Ademáis, foi Vicente Vázquez Queipo apoderado dos primeiros albaceas de Fernando Blanco de Lema dende 1880 a 1888, e como tal apoderado, contribuiu, non pouco, a que se realizasen, no máis breve prazo posible, as últimas vontades do filántropo ceense.
Grazas ó interese sempre crecente que Vázquez Queipo amosou por todo o que se refería a esta Fundación, logrouse dar comezo ás obras do edificio o 2 de agosto de 1880, e abrilas súas portas ó ensino en outubro de 1886, a pesares dos mil obstáculos e dificultades que houbo que superar.

O actual IES Fernando Blanco de Lema é a realización galega que aínda hoxe dinos máis do fuste do personaxe. Vicente Vázquez Queipo tivera o bo criterio de supeditar o deseño do edificio ó programa educativo preparado por Acisclo Fernández-Vallín, conselleiro de Instrucción Pública e promotor de varias reformas educativas na España do século XIX.
O profesorado da Fundación, como proba de gratitude, e admirando a multitude de méritos e as brillantes cualidades persoais que adornaban ó home que tanto destacou nas ciencias, na literatura, na historia e na política, celebrou unha reunión, o 13 de marzo de 1893, dous días despóis do seu pasamento, na que se tomaron os seguintes acordos:
- “1o. Asociarse al justo dolor de la familia del ilustre sabio y hacer que constase en acta el profundo sentimiento experimentado por todos al tener noticia de tan irreparable y sensible pérdida;
- 2o. Comisionar en Madrid á una persona de confianza para que, en nombre del profesorado del Colegio, colocase una corona sobre el catafalco el día de los funerales, ya que por falta de tiempo no podía depositarse sobre el féretro;
- 3o. Dedicar á la memoria del respetable anciano una lápida, que se colocará en uno de los salones de este Establecimiento;
- 4o. Manifestar al Excmo. Sr. D. Antonio Vázquez Queipo, el gusto con que vería el profesorado del Colegio, que tanta admiración y respeto profesaba a su sabio y venerable padre, que tuviese á bien acordar se celebrasen en lo sucesivo, por el alma del que fue modelo de honradez y laboriosidad á la par que excelente cristiano, en la Capilla de este Establecimiento, iguales sufragios que por las de los que fueron albaceas, y una misa ad perpetuum en el día de San Vicente”.
Acta da reunión do Claustro de Profesores. 13 de marzo de 1893. Arquivo da Fundación Fernando Blanco de Lema.
Esta placa conmemorativa realizada por Enrique Mayer, conta cun impresionante marco de madeira obra do tallista compostelán Jesús Landeira. É a de maior traballo das tres placas, contando, na parte central superior, gravado en metal, co símbolo do ensino, e unha lenda en latín que di:
- “EXCMO. Ac. ILLMO. D. D. VICENTIO VAZQUEZ QUEIPO, VIRO NOBILI, EXIMIAE PIETATIS ET MODESTIAE; E REGALIBUS HISTORIAE ATQUE SCIENTARIUM ACADEMIIS; INTER PARISIENSIS INSTITUTI SODALES RECEPTO; IN GRAVIBUS REIPUBLICAE MUNERIBUS FUNCTIS STUDIOSISSIMO; MATHESEOS DECONOMIAE DISCIPLINAE ET ANTIQUITATIS, AC IMPRIMIS DE PONDERIBUS ET MENSURIBUS SYSTEMATUM CULTORI PERILUSTRI; LITTERIS LATINIS, GALLIS VERNACULIS POLENTI; STUDIO ET LABORE INDEFESSO; MISERICORDIA IN PAUPERES INSIGNI; DE JUVENTUTIS INSTITUTIONE ADMODUM SOLLICITO; FIDEICOMISARIORUM D. D. FERNANDO BLANCO DE LEMA, HUJUS GIMNASII FUNDATORIS BENEMERITIS, PROCURATORI INTEGERRIMO; CUJUS OPERA ET INGENIO AEDES QUAS MIRARIS EXSTRUCTAE, DITATAE, ORNATAEQUE FUERE; PROFESSORES HUJUS ALMAE DOMUS MONUMENTUM PAUPERCULUM, NON QUIDEM TANTO VIRO DIGNUM, IN GRATITUDINIS AEQUE AC ADMIRATIONIS ET AMORIS PIGNUS FIERI CURARUNT, NATUS LUSII IN GALLECIA XIII KALENDAS MARTII ANNO DOMINI MDCCCIV, OBIT MATRITI V IDUS MARTII MDCCCXCIII”.
- Darío Areas Domínguez, Coordinador do Museo Fernando Blanco e Secretario da Fundación.
Tesouros Ocultos da Fundación
- Introdución.
- A colección de ouverivería da Fundación (I).
- A colección de ouverivería da Fundación (II): A Decoración da Capela (I).
- A colección de ouverivería da Fundación (III): A Decoración da Capela (II).
- A colección de ouverivería da Fundación (IV): A Decoración da Capela (III).
- A colección de ouverivería da Fundación (V): A Decoración da Capela (IV).
- A colección de ouverivería da Fundación (VI): A Decoración da Capela (V).
- A colección de ouverivería da Fundación (VII).
- A Farmacia da Fundación (I).
- A Farmacia da Fundación (II).
- A Farmacia da Fundación (III).
- As Placas conmemorativas de Enrique Mayer Castro (I): O Autor.
Novas da Fundación
- A música pechou un mes de Cultura na Fundación Fernando Blanco.
- Os alumnos de Cee disfrutan da ciencia e dos contos no Mes da Fundación.
- Neira Vilas repasou a emigración ás Américas no Mes da Fundación.
- Rosalía e Jorge Mira comparten tesouros con Fernando Blanco.
- Cee descobre os Tesouros Ocultos de Fernando Blanco.
- A Fundación amosa os seus Tesouros Ocultos.
Artigos sobre Fernando Blanco de Lema
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (I).
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (II) – O testamento.
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (III) – O traslado dos restos mortais a Cee.
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (IV) – Problemas á hora de cumprir as últimas vontades do fundador.
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (V) – 125 anos de historia educativa no Instituto Fernando Blanco.
- A Guerra da Independencia na vida de Fernando Blanco de Lema.
Outros artigos de Darío Areas
Tesouros da Fundación
- Hemisferios de Magdeburgo, 13 Xul 2012
- Balanza Hidrostática, 03 Xul 2012
- Tetarodon testudineus (Peixe Globo), 27 Xuñ 2012
- Caliza con Ammoniteds Nodotianus, 20 Xuñ 2012
- Aparello de Silberman, 12 Xuñ 2012
- Home clásico, 04 Xuñ 2012
- Custodia, 30 Mai 2012
- Barómetro de Fortin, 23 Mai 2012
- Placa conmemorativa, 16 Mai 2012
- Albarelo, 09 Mai 2012
- Manómetro de Bourdon, 02 Mai 2012
- Pirómetro de Cadrante, 24 Abr 2012
- Marmita de Papin, 18 Abr 2012
- Máquina eléctrica Mixta de Carré, 11 Abr 2012
- Pila en columna de Volta, 03 Abr 2012
- Bomba Aspirante-Impelente, 28 Mar 2012
- Aparello de Nollet, 21 Mar 2012
- Máquina pneumática, 14 Mar 2012
- Atril de Altar, 07 Mar 2012
- Lámpada de Berzelius, 29 Feb 2012
- Modelo de aventadora, 22 Feb 2012
- Ganímedes, 13 Feb 2012
- Máquina de escribir Underwood nº5, 08 Feb 2012
- Harmonium Mustel, 01 Feb 2012
- Aparato de Kipp, 25 Xan 2012
- Papoula Silvestre, 18 Xan 2012
- Máquina de vapor de Watt, 11 Xan 2012
- Gravado “La Virgen del pez”, 03 Xan 2012
- Fonógrafo, 23 Dec 2011
- Centrífuga con accesorios, 21 Dec 2011
- Cristo Crucificado (óleo), 04 Dec 2011
- Fol acústico de 8 tubos, 26 Out 2011
- Máquina eléctrica de Ramsden, 19 Out 2011
- Capela da Fundación, 13 Out 2011
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (V) – 125 anos de historia educativa no Instituto Fernando Blanco, 08 Out 2011
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (IV) – Problemas á hora de cumprir as últimas vontades do fundador, 06 Out 2011
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (III) – O traslado dos restos mortais a Cee, 01 Out 2011
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (I), 29 Set 2011
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (II) – O testamento, 29 Set 2011
- O Argonauta, 26 Set 2011
- Monumento adicado a D. Fernando Blanco de Lema, 21 Set 2011
- O piano vertical Rönisch, 14 Set 2011
- Lanterna Máxica, 07 Set 2011
- Modelo da Locomotora Crampton, 31 Ago 2011
- Abeto grego, 24 Ago 2011
- Óleo de Fernando Blanco de Lema, 23 Xul 2011
- Cámara escura fotográfica, 23 Xul 2011
- Gramófono, 23 Xul 2011
- Telégrafo de Morse, 23 Xul 2011
- Esquema Orográfico e Hidrográfico de Galicia, 20 Xul 2011
- O primeiro teléfono de Cee, 13 Xul 2011
- Presentación dos Tesouros da Fundación Fernando Blanco de Lema, 06 Xul 2011
Máis información
Para unha información máis detallada sobre a figura de Fernando Blanco de Lema e da historia do Instituto da Fundación e da antiga Escola de Nenas, así como tamén do Museo, podedes visitarnos na Praza da Constitución, nº 25 de Cee, ou na web: www.museofernandoblanco.org.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).