Denuncian o intento da empresa mineira de mercar a prezos de saldo os montes de Corcoesto
09:18 09/11/12

A Plataforma pola Defensa de Corcoestodenuncia o intento da empresa mineira de mercar a prezos de saldo os montes de Corcoesto. Os membros da entidade aseguran que "a empresa mineira canadense EDGEWATER pretende enganar á veciñanza de Corcoesto ofrecéndolles prezos de liquidación polos seus montes, onde pretende instalar a mina de ouro a ceo aberto".
A Plataforma dirixiuse á veciñanza explicándolle que "é un intento máis de enganalos, tal como se fixo co prezo das catas, a invasión de propiedades, a falsa oferta de postos de traballo..." E por iso, estas nocións a ter en conta polos veciños afectados:
- 1º.- Que a empresa mineira non ten ningunha garantía de obter licenza para a explotación da mina de ouro nos montes de Corcoesto, malia que a mesma e os seus altofalantes mintan dicindo o contrario e que xa é proxecto estratéxico.
- 2º.- Que no caso de que a empresa mineira obteña licenza de explotación, esta leva implícita a declaración de utilidade pública, que significa que a empresa pode expropiar os montes de Corcoesto, neste hipotético caso, os prezos ofertado pola empresa mineira polos montes de Corcoesto son moi inferiores aos prezos de mercado dos mesmos. Para a determinación do prezo de mercado hai que tomar como referencia operacións de compravenda realizadas recentemente. Outro prezo que se pode tomar como referencia é a valoración dos montes de Corcoesto que fai a Consellería de Facenda para a liquidación do Imposto sobre Transmisións Patrimoniais. Esta valoración da Consellería de Facenda está baseada, segundo a propia Consellería, en transaccións recentes dos montes de Corcoesto.
- 3º.- Neste momento a veciñanza NON TEN NINGUNHA OBRIGA DE VENDER Á EMPRESA MINEIRA OS MONTES NIN A OUTROS SUPOSTOS COMPRADORES, polo que a Plataforma aconsella a quen teña propiedades que NON VENDAN OS SEUS MONTES NA ACTUALIDADE A ESES PREZOS.
- 4º.- É absolutamente FALSO, que quen non venda agora despois vai a recibir un prezo inferior. A realidade é que QUEN NON VENDA AGORA, VAI RECIBIR UN PREZO SUPERIOR, e como mínimo igual. Isto é así porque no caso de ir a unha expropiación, o propietario dos montes sempre vai a poder defender os prezos de transaccións recentes.
Recunchos da Costa
Novas relacionadas
- A loita contra a mina de Corcoesto recibe o apoio de Greenpeace e se solidariza con México.
- Apoios televisivos contra a mina de Corcoesto.
- 11-10-12: A apertura da mina de Corcoesto retrásase ata o verán do 2013.
- Veciños de Corcoesto trasladan á Xunta o seu malestar ante o perigo da mina.
- A loita por Corcoesto amplíase ao eido arqueolóxico.
- A Fiscalía xa investiga a mina de Corcoesto por un presunto delito contra o medio ambiente.
- A mina de ouro: unha mostra de resistencia organizada.
- A loita contra a mina de Corcoesto colle tintes poéticos.
- Xurxo Borrazás tamén di non á Mina de Corcoesto.
- O BNG pide que a mina de Corcoesto non sexa a ceo aberto.
- Ata Galeano denuncia que a Mina de Corcoesto non cumpre a lei.
- O Goberno argumenta no Parlamento que a mina de Corcoesto creará 500 postos de traballo.
- ADEGA considera obsoleta a tecnoloxía da Mina de Ouro de Corcoesto.
- A febre do ouro exténdese a Zas mentres denuncian irregularidades no proxecto de Corcoesto.
- Os fumigadores si andan pola Costa.
- 1.300 sinaturas presentadas contra a Mina de Ouro de Corcoesto.
- A mina de Corcoesto chega ao Parlamento.
- Os veciños da Plataforma de Corcoesto denuncia prácticas intimidatorias do alcalde cabanés.
- Denuncian as falsas expectativas de emprego da mina de ouro de Corcoesto.
- A mentira das palabras máxicas .
- 04-05-12: Creada unha Plataforma contra a Mina de Ouro de Corcoesto.
- 12-03-12: Accidente laboral na mina de ouro Corcoesto.
- ADEGA espera para valorar o impacto da Mina de ouro de Corcoesto e enfróntase con La Voz.
- A mina de ouro de Corcoesto axiliza a súa posta en marcha co apoio das administracións e oposición dos ecoloxistas.
- O ouro de Corcoesto non brilla tanto.
Máis novas
Fonte
- Nota de prensa da Plataforma en Defensa de Corcoesto.