Xoves. 28.03.2024
El tiempo
10:45
27/03/12

Serxio Iglesias e Rafa Vilar musicados por Xardín Desordenado

Serxio Iglesias e Rafa Vilar musicados por Xardín Desordenado

Segue sendo a Costa da Morte demostrando ser unha potencia en materia literaria. A herdanza do Batallón déixanos nunha situación privilexiada e non paramos der ler nomes dos nosos poetas ao carón de grandes personalidades e proxectos. Hoxe coñecemos un proxecto musical baseado en poetas de todo o país, entre eles un par da nosa bisbarra.

Un dos poemas escollidos pola banda Xardín Desordenado para crear un dos temas do seu último disco é o colaborador desta casa Serxio Iglesias. Entre outros como Mauel Rivas, Darío Xohan Cabana ou Kiko Neves, atopamos a outro costeiro, o ceense Rafa Villar.

Un Rafa Villar que repite, pois xa Fía na Roca musicaran un poema do ceense no seu disco Vente Vindo.

Os poemas escollidos son «Os malos sen revólver» de Métodos para afogar un cisne (2002), de Serxio Iglesias; e «Vaticinio» de Memoria de Ahab (2007), de Rafa Villar.

Pero ollo, que no vindeiro disco Xardín Desordenado tamén versionará un poema da ceense María Lado. O dito, que somos unha potencia!

Fonte e máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios