A conta (413) «Acredores por operacións pendentes de aplicar ao presuposto»
07:38 12/01/18
O Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas colgou, na súa páxina web (www.minhafp.gob.es), os datos obtidos ata o día 22 de decembro de 2017 do saldo da “conta 413” de todos os municipios de España que remitiron esa obrigatoria información.
Nesta conta, como indica a súa denominación, rexístranse as cantidades pendentes de imputar ao presuposto, é dicir, as facturas carentes de cobertura orzamentaria por non axustarse aos requisitos legais de aprobación do gasto.
Excepto Corcubión, Dumbría, Fisterra, Malpica, Mazaricos e Zas, é dicir, 6 dos 18 municipios que configuran Quepasanacosta, todos os demais concellos enviaron ao Ministerio de Montoro información declarando a existencia, en maior ou menor contía, deste irregular tipo de operacións.
Porque, como se acaba de resaltar, trátase de obrigas respecto das que non se ditou o correspondente acto formal de recoñecemento e liquidación, pero que, ao proceder da realización de gastos ou prestación de servizos a favor do concello, deberán terse en conta para non desvirtuar as magnitudes económicas, orzamentarias, patrimoniais e financeiras da entidade local.
Como se pode comprobar na táboa adxunta, os importes máis elevados das obrigas pendentes de aplicar ao orzamento dos nosos concellos corresponden a Laxe (1.231.763,71 euros), Ponteceso (1.925.983,01 euros) e Coristanco (2.487.451,58 euros), situación que se debería corrixir con urxencia, porque deste incumprimento especialmente preocupante poden derivarse responsabilidades das que, por certo, non son alleos os 9 restantes municipios.
Porque se incumpriron os principios orzamentarios de limitación cuantitativa, cualitativa e temporal dos créditos do presuposto de gastos, evidenciando deste xeito a práctica incorrecta de executar gastos sen consignación orzamentaria e facendo que a valiosa función do orzamento, como instrumento de xestión e control da actividade económico-financeira da entidade local, adquira unha importancia cada vez menor.
E iso, como cidadáns, non o debemos consentir.

- Domingo Guerra (domingoguerra@quepasanacosta.com). Economista. Especialista en economía pública e política económica pola USC.
Outros artigos sobre Economía Municipal de Domingo Guerra
- O Esquema Nacional de Seguridade.
- A débeda bancaria despois de catro anos.
- A necesaria reforma tributaria local.
- Tesoureir@s de Administración Local.
- Prevención da corrupción.
- Catro concellos non renden contas.
- Investimentos financeiramente sostibles.
- Economía municipal: Nós cumprimos!.
- O Informe dez meses despois.
- A e-Administración.
- Economía Municipal. Reforma do financiamento local.
- Economía Municipal. Pagar tarde, mal e arrastro.
- Chegou o momento.
- O necesario control.
- Non vos parece?.
- A voltas coa débeda.
- Administracións de 4ª División.
- Non somos “mexebos”.
- Estamos a sufrir en silencio excesivo e sen saber até cando.
- O peixe intelixente.
- Desafíos municipai.
- O soldo do alcalde.
- Repasando o PIB dos Concellos QPC.
- Facturas no caixón.
- Débeda viva a 31/12/2013.
- Solvencia financeira municipal.
- Os concellos e a crise.
- Reposición da legalidade urbanística.
- Loito por culpa do mar.
- Remanente de tesourería.
- Eficacia recadatoria.
- Oportunidade perdida.
- Gasto de persoal.
- Rendición da conta xeral.
- A Conta Xeral.
- A contribución.
- Cuestión de confianza e moción de censura.
- Débeda municipal.
- A prórroga do orzamento municipal.
- Presión fiscal dos nosos concellos.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).