Xoves. 06.10.2022
El tiempo
Hector Pose
18:30
01/08/12

Periscal e… gol!

Periscal e… gol!

Coa canícula zoupando, seguimos a entrevistar, elaborar estatísticas ou acadar fotografías e recordos do fútbol costeiro. Tarefa, case sempre agradable e agradecida, pola excelente dispoñibilidade da maioría dos seus protagonistas. Outras, as menos pero moi decepcionantes, recabas sís impostados, silencios ou directas negativas a intercambiar información. Mesmo veñen de persoas que un tén por cabales, comprometidas co territorio, mesmo cultas. Minifundismo cultural. Unha mágoa, pois somos poucos, duramos e trascendemos menos, e todo labor para poñer en valor aquelo que esmorece por falta de apoio ou desnorte, é moi necesario.

Mais istos últimos días de xullo recibimos varias chamadas ofrecendo colaboración. Por exemplo, a de Pepe Vales, ex xogador do Poniente, “o Las Palmas do ano da 1ª tempada da Liga da Costa e necido ao abeiro do rueiro do mesmo nome carballés”, dime no bar Os Barreiros a carón do MARCA. Chamábanlle así a este club de duración efémera, pois vestía coma o equipo insular, calzón negro e camiseta amarela. Foi o seu primeiro e único presidente Manuel Periscal, pai de quen lles falo deseguido.

Ou outra de José Antonio Periscal Barca “Periscal”, todo un mito futbolístico a esta beira atlántica. Home pequeno de estatura, dianteiro de raza, foi máximo goleador da Costa en 1973. Recibíu por elo o extinto “trofeo Chacho”. “É una pena e unha inxustiza que non se siga denominando así e honrar deste xeito a un dos grandes do fútbol nacional nado en Bergantiños”, confesa entre lembranzas e obxectos que atesoura. Militou no Dep. Carballo, Ponteceso, Malpica, Xallas, Bergantiños, Compostela ou Ordes, retirándose aos trinta e cinco anos dos terrenos de xogo mais non das bandas, pois continuou como adestrador.

Defensor de promover a memoria local, e así o profesa nas conversas informais o una prensa local, este carballés de xaga balompédica, recoñece a súa paixón por este deporte vido a menos e mesmo cóntanos, algo avergoñado, unha manía: “os xoves xa recortaba as unllas dos pés á espera do partido da fin de semana”. Despídese de min cordialmente, como o facía con Miculita, Muñíz, Xelucho…

Artigos do Mar de Paixón

Novas relacionadas

comentarios