Xoves. 28.03.2024
El tiempo
Javi Turnes
22:37
13/03/11

Aquelo que resta

Aquelo que resta

Hai un silencio que procede do desacordo co mundo, e outro silencio que é o mundo mesmo.

Hai unha conversa infinita, a da adolescencia.

A conversa sobre todo aquelo do o que aínda non falamos.

Do mesmo xeito que endexamais estaremos á altura da época, porque é presente. Porque podemos estar tomados por ela, pero nunca aínda no seu solpor como para contemplala.

Igualmente é imposible fixar o oído á consciencia para discernir o que nos escinde de canto nos rodea, o que nos separa do que somos.

Sen embargo, estar calado, atento. Atentos ó primeiro murmullo da nosa identidade en vilo, sempre adolescente.

E,
soster que existe unha tradición sobre a verdade que pode ser transmitida.
aínda que a verdade sexa todo menos transmisible.

A verdade pode ser coñecida máis non transmitida porque xustamente o que dela é transmisible xa non a contén.

A nosa,
nós-que-non-escoitamos-a-conversa-infinita-da-adolescencia, (ou o que é o mesmo: ignorantes de todo aquelo do que aínda non falamos)

A nosa identidade sempre por vir,

Decaemos. E esquecemos que só ó decaer se fai visible a magnitude e a miseria.

  • Javier Turnes (javiturnes[arroba]quepasanacosta.gal)

Escarpaduras anteriores

Novas relacionadas

Comentarios