Discontinuidade e Recoñecemento
10:22 30/03/11

O descoñecemento de sí non pode ser atendido pola necesidade de recoñecemento.
Tan lonxe e tan cerca se atopa a identidade, sexa por iso que a todos gusta enumerar as viaxes, como se alí –tan aquí, verdade? - tivesen intuido algo que xa irremediablemente perderon á volta. Fatua mención de viaxes e lugares co ruído da palabra (enchéndoo todo coa palabra). Canto precisa viaxar un home para atopar a súa posición? Canto precisa dicir para cifrar a súa hilazón co mundo e coas cousas?, co semblante estrano que cada día presenta, co seu futuro incerto e coas nubes e co vento… Cal é o seu “dende”? Abandonarás nalgún día a esixencia de ser visto? Abandonarás o recurso á linguaxe? A voz é a túa promesa, a maldición do teu telos; mais o silencio –que nada espera que nada agarda e todo agocha-, tan só unha consumación.- Javier Turnes (javiturnes[arroba]quepasanacosta.gal)
Escarpaduras anteriores
- Aquelo que resta.
- Habitar.
- Tarxeta de Nadal.
- Quebra.
- Teoloxía e Política.
- Dúbida.
- O arsenal dos instantes eternos.
- Vacacións.
- Non_saber.
- A vangarda pedagóxica chega á Costa.
- Sagrado.
- Derrota.
- Inxenuidade.
- A concordia entre a potencia de interrogar e a potencia de vivir.
- Paisaxes incomprensibles pero necesarias.
- Crise, representación e espectáculo (I).
- A búsqueda do poder.
Novas relacionadas
- Corcubión coñece a realidade latinoamericana en primeira persoa.
- Noite de blues nas Hortensias.
- A UCV coloca de novo á Costa á vangarda da filosofía.
- Deliberacións Cromáticas: O Croma (II).
- Deliberacións cromáticas: O Croma.
- A vangarda filosófica da Costa na revista ProTexta.
- Entrevista con Javier Turnes, cantante dos Bakin´Blues: "Deixar a cultura en mans do estado é un erro".
- O encontro da nova formada musical da Costa.