Domingo. 18.04.2021
El tiempo
Javi Turnes
10:30
27/06/11

O pobo e a unidade perdida

O pobo e a unidade perdida
daquelo que non se pode posuir.

Dígovos, pois, irmáns, o tempo é curto; polo demáis, que os que teñen muller vivan como non tendo e os que choran como non chorando, e os que están alegres como non estando; os que mercan como non posuíndo, e os que disfrutan do mundo como non abusando del. Pasa de feito a apariencia deste mundo. Desexo que non teñades coidados.

1 Cor 7, 29_32

(Imperialismo e linguaxe) A existencia humana gravita sobre o estatuto da ficción, e o arquetipo de todas elas é a linguaxe. Asistimos algo desconcertados á reivindicación por parte dalgúns –de todos?- da ‘verdadeira’ humanidade e da ‘verdadeira’ democracia. Posuidores da noción correcta do que sexa. Do real, do pobo, do mundo, da persoa. Será, claro, dende o centro, dende o centro do mundo. Acaso por aí exista unha visión verdadeira. Pero… que ocorre cando non hai ágora, cando non hai centro, cando non hai o confort urbano… nin o confort da identidade lograda? Que ocorre no deserto e nos límites?

(Desexo)

Que dicir entón? Que a lei é pecado? De ningún xeito! Pero eu non coñecín o pecado senón a través da lei. En efecto, non tería coñecido a concupiscencia, se a lei non tivera dito: “Non desexes torcidamente”

Rom 7,7.

O desexo sempre está por inventar. Hai que ter coidado co desexo do imperio: ter o poder. O perigo do pensamento e da acción calculada, que procuran o exorcismo da duda mesma. O home non sabe quén é, nin que fai no mundo, nin a que está destinado, nin que é o bo nin o malo, e moito menos cal é a verdade do seu desexo. Hai unha carencia definitiva do sentido do límite. Ignorar o destino e ter a capacidade de interrogalo impúlsanos a construir unha fonte segura e un fin certo para a existencia, do que nacen todo tipo de doutrinas salvadoras, de fundamentalismos. A búsqueda da restitución dun poder paterno protector capaz de dotar ó mundo dunha orde definitiva, quintaesencia de todo sistema xurídico político. Se os resultados casi nunca están á altura da expectativa posta neles pola comunidade, o recurso será invocar a un morto co sufiente prestixio para gobernar no seu nome: …Cristo, Buda, Democracia… Claro, non só por razóns de convivencia social, senón polo aval necesario para sentirnos en posesión dun ser estable e recoñecible na nosa subxectividade. Precisamos resolver a incertidume! Vaia descubrimento! O desexo non é a democracia. O desexo é o desexo. O suxeito, na súa desesperanza de gozar do imposible, como a pulsión lle esixe, funda a espectativa dun goce aínda posible. Pero o futuro é a morte. Prohibir e prometer. Prohibir e prometer. O pobo é o contrario do poder. Menos mal!, se non houbese tal prohibición, o desexo non tería fundamento e non habería expectativa do goce aínda posible. “Non debedes machacar e destruir o que vos resulte un obstáculo no camiño, senón esquivalo e deixalo estar. E cando o teñades esquivado e dixado estar, deixará de existir por si mesmo, porque non atopará xa alimento.” (Kulhmann, <cite>O reino do espíritu</cite>) Coda. (O erotismo do histórico.) Lamentablemente, algúns non sufrimos do erotismo do histórico. Atravésannos outras seduccións menos espectaculares e ruidosas. Non obstante, a nosa serenidade encontrouse coa urxéncia que revoca toda vocación mentres permanece nela…
  • Javier Turnes (javiturnes[arroba]quepasanacosta.gal)

Escarpaduras anteriores

Novas relacionadas

comentarios