Mércores. 20.11.2019
El tiempo
Lola Rontano
11:14
29/07/19

Vindicación da Ponte entre Arxentina e Galicia: Ser muller, hipoacúsica e inmigrante.

Arco de puente, un no-lugar por el que la gente transita hacia su lugar. 
Por debajo, briosa y tenaz, pasa la vida. Y ella, en tanto, condenada a ser puente...

Aurelia quiere oír

Maria Rosa Iglesias
Maria Rosa Iglesias
Vindicación da Ponte entre Arxentina e Galicia: Ser muller, hipoacúsica e inmigrante.

María Rosa sempre quere saber. De madrugada, polas estradas: “Que estrela é aquela que tanto brilla?”. No almorzo, para abrir debate: “E a túa prima, segue sendo K?”. Na praia, cando a levo a coñecer un dos meus recunchos secretos: “Como se chama este lugar?” “Mo...” dígolle segura, por unha vez, da resposta. “Ah, como o libertador de México”, comenta ela. “E sabes a cantos quilómetros de aquí pasa a corrente do golfo?”. “Mira, eu creo que debe de ser esa estela branca”, avanzo antes de que nos botemos a rir a gargalladas. 

Se vio en plena fiesta, como una estaca divisoria entre dos grupos eufóricos. A veces se gritaban por encima de su cabeza, o por sobre su espalda -ella se inclinaba para facilitarles que conversaran sin interferencias, sin su cuerpo como obstáculo. Les hacía de puente. Aurelia, la pontífice, se apostrofó amargamente. La que hace de puente. Un puente por el que pasa la vida. Un no-lugar que solo sirve para transitar hacia el verdadero lugar. Nadie quiere quedarse en el puente, con el puente. Y los que viven debajo de sus arcadas, en el oscuro espacio que deja el río de la vida, son seres olvidados, invisibles...” 

Por máis que María Rosa Iglesias (Marrozos, Compostela) se describa a si mesma como ponte, como non-lugar, a través do seu alter-ego na novela Aurelia quiere oír (Paradiso, 2019), para quen a tratamos e coñecemos, sabemos que ela se asemella máis ben a unha crecente, a un río rápido e caudaloso, a pesares da súa aparencia miúda e fráxil. Conversadora vivaz, aventureira chea de enerxía e curiosidade inesgotables, no seu galego porteño, case autodidacta, cunha memoria desbordante de coñecementos, María Rosa é quen de disertar acerca de calquera tema da Historia, Socioloxía, Literatura ou da Vida Mesma, así en maiúsculas. Calquera detalle: foto, cartel, topónimo, efeméride serve de trampolín ao seu verbo conciso e poderoso. 

Nesta cuarta visita á matria galega, María Rosa vén en forma de río e de ponte, si, como arco da ponte entre a Arxentina e o seu Marrozos natal, de onde foi transvasada na década dos 50, para presentarmos esta novela autobiográfica nuns coloquios que esperamos sexan espazos de diálogo e de reflexión coa comunidade, onde falará dos seus avatares e das súas ansias de vivir sendo emigrante e hipoacúsica.

As primeiras datas de presentación de Aurelia quiere oír serán o vindeiro mércores, 31 de xullo, ás 20h na libraría Lila de Lilith, en Compostela, nun encontro ao coidado de Belén Regueira e de Víctor Freixanes, e despois (apuntade ben as datas, veciñanza da Costa da Morte), o xoves 1 de agosto ás 18.30 no Museo do Mar de Laxe e o mércores, 14 de agosto, ás 20h30 na Capela do Pilar de Corcubión.   

  •  Lola Rontano. Artivista marciana e profesora de francés residente na terra galega desde 2003.

Máis artigos de Lola Rontano

   

comentarios