Martes. 19.03.2024
El tiempo
Luís Lamela
14:29
04/06/19

Ferroatlántica e un novo futuro

Foto antiga da fabrica de Brens
Foto antiga da fabrica de Brens
Ferroatlántica e un novo futuro

”Pero..., había un pero. E, é que sempre hai un pero nestas cousas da economía e a empresa, manifestándose 120 anos logo de nacer unha esperanza de progreso para as xentes que neste recuncho galego seguen loitando por vivir. Hoxe, OHL pechou o seu cotización no 1,07 euros a acción, e segue en mínimos, e Ferroglobe no máis baixo en 52 semanas, 1,46 euros. A situación destas dúas empresas emblemáticas do grupo Villar Mir arrastran a Ferroatlántica. A súa venda, entenden, salvará os mobles das demais”, foi o párrafo final dun texto que publicamos neste muro o pasado día 31.

E, hoxe, catro días despois espertámonos coa noticia de que o fondo estadounidense TPG compra Ferroatlántica -e as súas centrais hidroeléctricas-. Unha noticia que seguramente López Madrid anunciou fai media ducia de días ao alcalde de Dumbría.

Co anuncio da compra tamén chegaron as “intencións” do comprador: o compromiso de protexer as condicións laborais e de seguridade dos traballadores e a súa vontade de reforzar o tecido industrial de Galicia e asegurar o seu sostenibilidad a longo prazo.

Así, ás toas, as referencias do fondo TPG, un fondo de capital-risco, en canto aos seus investimentos en empresas de diversos sectores, adoitan ser a medio ou longo prazo, asegurando a continuidade da produción industrial e a súa comercialización e tamén o emprego. E o contrato de fornezo e comercialización coa propia Ferroglobe asegura esa intención, aínda que tamén poderiamos considerar o investimento como unha especie de préstamo hipotecario cuxas condicións en caso de incumplimiento por parte dunha das partes, resolvería o contrato.

De todos os xeitos, será a Xunta de Galicia a que terá que ler con lupa a letra pequena para que non lle poñan un gol pola escuadra e prexudique e arruíne a comarca de Fisterra.

  • Luís Lamela.

 

Novas relacionadas

Comentarios