mércores. 13.11.2024
El tiempo

O mar das Malvinas en abril (IV)

O mar das Malvinas en abril (IV)
  Plazoleta-Manuel-Olveira Plazoleta Manuel Olveira en Lanús-Avellaneda

Sexan benvidos ao meu espazo espiritual no mar das Malvinas. Hoxe celebramos a nosa cuarta reunión anual no meu definitivo fogar arxentino. Estou a ver unha gran decepción nas vosas miradas. É moi doloroso ter que aturar ao noxento sinvergonza que preside a República Arxentina. É un delincuente pero foi autorizado nas urnas para que vos desprezar. É así, compañeiros, hai que recoñecelo. As vosas familias foron de boa fe a pedir que rescaten o submarino. Coido que se teño diante ao sinistro personaxe o estómago faime un remuíño. Certamente que o meu desexo é de vomitarlle na cara. Se observamos aos familiares vemos que algúns confían en obter información e tamén unha promesa de rescate. Outros estaban alí con cara de enterro, sabedores de que son recibidos para que a mafia mediática publique unha foto do preocupado señor presidente. Foron pero non comen vidro.

É evidente que sodes desgraciados e sen capacidade para poder restarlle un peso na conta coimera do ex contrabandista que agora é importador de coches chineses. O capo da Secta Macricida ten outras preocupacións pero afirma a súa “firme intención oficial de seguir buscando a nave”. O nivel de cinismo é tal que ofrece unha recompensa para quen atope o submarino. Sorprendidos? Poida que leve unha boa tallada xa que coñece o lugar exacto da localización do “San Juan” e ninguén pode navegar ata o norte das Malvinas sen autorización. O que para a maioría cidadá é unha traxedia, convírtese nunha oportunidade de negocio para o gabinete ministerial. O ministro de Indefensa dixo que a orde de operacións era de “ rastrillaxe, observación e avistaxe da zona”. Aínda que Macri é máis de afundir que de rescue, uns bos pesos sempre veñen ben.

Estamos en abril. Neste mes debemos de honrar a los combatientes. Desde aquí vemos perfectamente las 230 sepulturas de Darwin. Hai que agradececerlle a Luís Fondebrider, director del EAAF (Equipo Argentino de Antropología Forense) que foi quen de identificar a 90 soldados. É unha persoa seria que admira o traballo do doutor Carracedo, experto mundial en ADN. Por iso foi que enviou 15 mostras a Santiago de Compostela para comprobacións de correcto procedimento. O que non entendo é negativa de varias familias que non autorizaron o proceso de identificación. No meu caso, se estivese en terra, a miña familia tería unha certa paz ao coñecer o lugar da sepultura. Por desgracia, o meu paradoiro é descoñecido. Coido pensan que o mar fíxome puré. Non é así xa que o smariñeiros de Fisterra somos de granito do monte do Cabo. Como podedes ver, estou enteiro e coa memoria intacta.

Lembrarán que comentei que son siareiro do Independiente de Avellaneda. A pesar do tempo transcorrido, se me concentro podo trasladarme aos domingos pola tarde na cancha para escoitar as muiñeiras que tocaban os irmáns Mouzo (eran de Vimianzo) no descanso dos partidos. Os “vermellos” eran loitadores e bos herdeiros do noso sangue de emigrantes solidarios. Estou a ver ao meu paisano Seoane que ía xogar despois de laburar toda a semana nunha barraca de la. ¡Acabóuse! Agora son os cartos os que mandan. Vou ter que achegarme pola avenida Mitre para fumigar nas oficinas onde están os malandras. Imos de mal en peor. Aos presidentes honrados non os queren pero abren as portas a delincuentes dexenerados que comercian sexualmente con menores de idade. É intolerable. Espero que os responsables sexan xulgados e condenados. Chau, teniente Eliana e demais tripulación do ARA “San Juan”. Vémonos o mes vindeiro.

 
  • Manuel Suárez Suárez.
 

Outros artigos dende Lonxe de Montevideo

Fonte

Comentarios