Xoves. 21.10.2021
El tiempo
Óscar de Souto
14:42
03/10/12

A cousa de Dombate... a debate

A cousa de Dombate... a debate
  • “O polvo que pisamos estivo, unha vez, vivo” - George Gordon, poeta inglés.
 

O enigma, o gran enigma, a cousa de Dombate, ese petrogliflo que se repite en diversas posicións fai xa décadas que segue a ser eterno misterio sen resolver.

Unha das réplicas dos gravados de Dombate

Aínda que nista ocasión dispóñome a emitir un pouco de luz acerca diste tema tan apaixoante para os afeccionados as teorias de puntada fina e ganduxos de xastre. Pois resulta canto menos curioso que a data de construcción do Dolmen (3000 a. C.) coincida con total exactitude co inicio da civilización exipcia e tamén os comezos da civilización Maya. Causa pois certa controversia que a forma de “a cousa” apareza composta por unha serie de puntos repetidos conformando estes unha serie de segmentos repetidos que acaban conformando un debuxo trapezoidal con forma de peixe triangular.... pero … podemos xa aventurarmonos a poñerlles nomes e apelidos a eses puntos misteriosos e tamén, como non, a esa cousa tan enigmática.

Posición de Orión no 3000 a. c.

Un dos eventos máis importantes ou o evento máis importante acontecido naquel momento da pre-historia foi recollido no famoso papiro de Turín, tamén se describe no informe Mintaka, no sitio Web LegadoCosmico de Ricardo González (2004), nos textos de Manetón recollidos na obra do cronista xudeo Flavio Xosefo (ano 340 a. c.), El Africano (ano 300 d. c.), Eusebio (300 d. c.), xeroglíficos de toda índole, crónicas e outros documentos inclusive a propia biblia en xénesis. Todos eles coinciden en describir a famosa alineación das tres marías, as tres estrelas máis brilantes do firmamento no seu ciclo equinopcial que se produce cada 25920 anos o que fixo posíbel o brilo sen precedentes da estrela Mintaka (día e noite) como unha sinal no ceo e de varias estrelas máis en Orion inusualmente máis brilantes pola inusual proximidade entre Orion e a Terra, no que se coñeceu naquel tempo co nome de “Sahu” que é o nome exipcio da constelación de Orion, berce dos “Neteru” para os exipcios, “Nefilim” na biblia, etc...., polo tanto para os exipcios e tamén para os Mayas no 3000 a. C. , Sahu ou Orion, era o berce dos seus deuses e base da súa cultura, pensamento e relixión...

Debido a que Dombate se atopa lonxe do ecuador terrestre só puderon distinguir con nitidez algunha das 14 estrelas de Orion con menor intensidade que exipcios e mayas pero a proximidade extraordinaria da estrela Betelgeuse, de Bellatrix, Alnitak, Alnilam, Mintaka (excepcionalmente a máis brilante, incluso de día), Saiph, Rigel e parte das estrelas do brazo do arqueiro de Orion debuxando unha semi-aleta conforman o debuxo de "a cousa de Dombate".

Posición de Orión no 3.000 a.C.

Este trazo da posición das estrelas máis visibels de Orion no 3000 a. C. resulta canto menos intrigante na súa comparativa co petroglifo cabanés en Dombate xa que as estrelas entre Betelgeuse e Bellatrix non era apenas visibels dende a posición dos moradores de Borneiro pero si eran moi visibles outras estrelas de orion que debuxaban naquel tempo un peixe triangular trapezoidal extremadamente brilante que coincide demasiado exactamente co petroglifo en cuestión.

A cousa de Dombate é pois a constelación de Orion?

Prefiro chamarlle polo momento deste xeito xa que intentar resolver a dúbida é a base da intelixencia humana e ademáis soa moito mellor que "a cousa" pois poida soar a teoría acéfala sen pretensión de resolverse.

Agardemos que sexa a paleontoxía moderna xunto coa cosmoloxía as que xuntas da man aporten unha raiola de luz nesta noite fecha.

  • Óscar de Souto (poeta cabanés).

Novas relacionadas

Fonte

comentarios