Mércores. 01.04.2020
El tiempo
Óscar de Souto
20:14
03/07/15

Os Emperadores do mundo

Os Emperadores do mundo

Patróns do mar, muiñeiros do vento, duques da auga, condes do lume, reis do peaxe, marqueses da miñoca e príncipes das feiras.


o esteiro do Anllóns, coma noutros moitos feudos, andan os da Xunta contándolles as miñocas ós pescadores deportivos, eses pobres domingueros coas súas eternas vacacións impagadas que foxen do bar, da casa e dos problemas para procurar un xantar de balde nesa paz inmensa que transmite o noso Atlántico. Mentras tanto, catorce berberecheiras, de amplia silueta, cruzan o canal da ribeira nunha lanchiña miúda, arriscando as súa vidas, con gran valentía, para apañar ese cupo diario para deleite extraordinario das súas lozanas economías. Unha escena dramática digna dun cadro de Dalí.

Aínda que os do ás para matar o tres foron os do Ministerio de Industria poñéndolle prezo a luz do sol, manda carallo!!!! e fixérono para maior gloria dos Césares das eléctricas privadas porque eses si que teñen dereito de pernada grazas os contadores dixitais por pasos e os ventiladores que plantaron nos cúmios rapados das nosas venteadas serranías para poder peneirar o nordés. Nembargantes, os paneles solares, pagan ese novo xuro que impuxeron para que o seu sol alume moito máis.

Queren ilegalizar as fontes e os pozos, etiquetar os ovos da casa, facturar nas feiras pequenas, multar os cafés sen IVA, pechar as lonxas, contalas miñocas e indultar os mangantes de mansión e piscina, eso si, esto último retransmitido por Tele-Nodo en TDT.

Este vai ser un verán de festa rachada, constructor na comisión da festas, paro sen prestación e, como non, a pensión de Suiza do pai dunha garrida berberecheira será revisada por facenda, con lupa, mentres esquia un banqueiro nalgúnha famosa estación de montaña alén de aquí.

Panorama ya llegó!!!

  • Óscar de Souto, pintor de follas en branco e autor de Trece Poemas.

Outros artigos de Óscar de Souto

Novas relacionadas

Fonte

comentarios