Os Bos e Xenerosos da Fundación Eduardo Pondal, primeiro prato do menú do Festiletras


Arrincou este domingo o sabroso e variado menú cultural da 34ª edición da Festa das Letras Galegas máis importante do país. Ese Festiletras que convirte unha pequena aldea do rural na capital cultural de Galicia durante unha semana. E fíxoo cun evento especial, o galardón dun dos premios máis importantes da organizadora Fundación Eduardo Pondal: Os Bos e Xenerosos.
Este ano, os nomes dan conta do nivel ao que chega este galardón. O comprometido ornitólogo José Luís Rabuñal, que deixou os prismáticos e os as katiuskas e puxo a garabata; a actriz xalleira Isabel Blanco; a escritora e membro da RAG, Fina Casalderrey; e o músico Carlos Núñez. Un póker de verdadeiros astros da cultura galega que merecen un recoñecemento desta dimensión, que premia o respecto ás nosas orixes.



Completaron a inauguración Mino e Mero ás guitarras, e a voz suave e fermosa de Guadi Galego, esa artista que xa non entende a Letras Galegas sen o Festiletras. E todo, nunha sesión estivo bañada con cervexa, despois de que a Estrella Galicia emitise unha edición especial adicada a Eduardo Pondal. Unha nova demostración dese marketin identitario que tan ben funciona nun país orgulloso de si mesmo como o noso.
Quedan moitos nomes por pasar polo Couto, non perdades o progama.
Novas relacionadas
- 2016: Sabroso e variado menú cultural para o gran Festiletras 2016.
- 2015: Ángel Carracedo, Margarita Ledo, Siro López e Guadi Galego, os Bos e Xenerosos da FEP 2015
- 2014: Os Bos e Xenerosos da Fundación Eduardo Pondal.
- Guadi Galego: “As letras galegas xa non son se non hai Festiletras”.
- Festiletras 2015: Emotividade e risas para o comezo do #Festiletras2015.
- Festiletras 2014: A Aldea das Letras abre os ollos a outros mundos para seguir facendo país.
- Festiletras 2013: As grandes actuacións encheron a Aldea do Couto de Letras.
- Festiletras 2012: Cheo tras cheo no espectacular Festiletras da aldea do Couto.
- Festiletras 2011: Hai canteira para a Festa das Letras do Couto.
- A mocidade que forma.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).