mércores. 30.04.2025
El tiempo

Os técnicos Volei Dumbría tamén supervisan as accións da base galega

Os técnicos Volei Dumbría tamén supervisan as accións da base galega
Os Xuvenís do Volei Dumbría cos seus adestradores Gurutz Larrañaga e Luís Alberto Fdez - Foto- Jorge Parri Gurutz Larrañaga, no centro da imaxe, estivo nas sesións da FGV- Foto- Jorge Parri

Que o club municipal dumbriés xa é unha referencia no volei galego non é ningunha novidade. E non só polos resultados deportivos da familia do Volei Dumbría, se non pola súa presencia en eventos como os que está realizando a Federación Galega de Voleibol.

O pasado mes de outubro a Federación organizou unhas Xornadas de Supervisión e Control da categoría cadete, e tralo éxito acadado, repetirá esta ponte para o apartado infantil. Aproveitando a festividade, os adestramentos terán lugar o vindeiro luns 2 de novembro en Noia (feminino) e Boiro (masculino). Xa hai inscritos máis de oitenta rapaces e rapazas na actividade.

Aí estiveron varios nenos costeiros traballando a parte de tecnificación das bases do volei galego. Así o explica Eloy Mahía, seleccionador cadete masculino: "Démoslle un formato basicamente didáctico sobre os fundamentos básicos, e en cada un deles ampliamos un tratamento no que prevalecen os recursos sobre o genérico, en definitiva, a realidade do xogo a partir destas categorías".

A calidade de ser aberto é unha das novidades deste Proxecto de Tecnificación e tamén os adestradores puidéronse anotar. Así, á primeira xornada masculina en Boiro asistiron dous adestradores invitados á concentración masculina, Gurutz Larrañaga do Voley Dumbría, que acompañou xunto Anxo Losada do Calasancias, aos adestradores do corpo técnico galego, Eloy Mahía, Adrián Alves e Manuel Rodríguez.

Novas relacionadas

Fonte

  • Volei Dumbría.

Comentarios