![embalse brandonas zas]()
En Brandoñas (Zas) xa non queda ningún resto das dúas casas que foron asolagadas
A pesar do baixo nivel de agua do embalse da Fervenza (que a día de hoxe é do do
22,33%) xa non se ve case ningún resto das vilas que quedaron sepultadas a mediados da década dos 60. No plan hidrolóxico nacional posto en marcha por Franco, comtemplaba que o embalse da Fervenza acadase os 103 hectómetros cúbicos asolagando así lugares como Castrelón, O Ribeiro de Arriba, O Ribeiro de Abaixo, As Abeleiras, O Pego, entre outros, pertencentes aos concellos de Mazaricos, Dumbría, Vimianzo e Zas. Esta presa xera parte da enerxía que emprega Ferroatlántica nas súas fábricas de ferroalineacións.
"Durante 50 anos, o encoro da Fervenza serviu de canteira para a zona", afirma un dos veciños de Niñán; un dos lugares do concello de Mazaricos que quedou ás portas de ser sepultado baixo as augas do embalse. De feito, estes días é posible ver as rodeiras de tractores e outras maquinarias pesadas que se achegan ata a zona para seguir sacando pedras miúdas que aínda quedan onde antes había un núcleo de casas.
![embalse fervenza]()
Rodeiras de máquinas pesadas que transitan estes días pola zona do embalse
Coa ilusión de poder ver os restos das casas, son moitos os que se achegan estes días ata o encoro e algún veciño incluso se atreve a contabilizar os visitantes que en días como o domingo "contei máis de doce coches".
![igrexa san tome baos mazaricos]()
A igrexa de san Tomé dos Baos foi trasladada pedra a pedra ata a aldea de Niñán
Algúns destes curiosos incluso chega coa idea de que se pode ver a torre da
igrexa de san Tomé dos Baos, unha falsa historia xa que a capela foi trasladada en boa parte ata a aldea de Niñán onde a pedra se mistura co cemento.
Previsións metereolóxicas
![embalse fervenza baos mazaricos]()
A porcentaxe de agua embalsada é do 22,33%, mentras que o ano pasado pola mesma época era do 94,17%
A situación non ten trazas de mellorar xa que as prediccións metereolóxicas din que as próximas semanas serán secas con posibilidade de precipitacións con carácter puntal. Segundo informan dende a Oficina Técnica da Seca - OTS -, a rede hidrolóxica da demarcación segue a rexistrar caudais excepcionalmente baixos para esta época do ano, xa que as pequenas precipitacións rexistradas no mes de xaneiro, non supuxeron cambios significativos na situación. Por este motivo, a OTS recomenda
manter a moderación de auga e un uso responsable dese recurso.
![presa embalse fervenza]()
A mediados dos anos 60 construiuse unha presa de 103 hectómetros cúbicos para xerar enerxía que agora pertence a Ferroatlántica
Unha situación similar á destes días viviuse en decembro de 2015, cando a porcentaxe de auga embalsada era do
28,16%."O nivel de agora está moitas veces no verán, o excepcional é que haxa esta sequía no mes de xaneiro" relata un experto na materia.
Os últimos datos recollidos por Aguas de Galicia, indican que a día 17 de xaneiro,
a porcentaxe de auga embalsada é do 22,33%. O que se traduce en que dos 103 hm
3 que ten o encoro tan só hai 23 hm
3 de agua embalsada. Moi lonxe dos 97 hm
3 (é dicir, o 94,17%) que había na mesma semana do ano pasado,
días despois dun forte temporal de choiva e vento que provocou numerosas incidencias en toda a Costa da Morte.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Augas de Galicia