Sorprendidos mentres intentaban roubar o cable do teléfono en plena estrada
06:05 15/02/16
Quedaron sen teléfono e sen internet os veciños de Zas durante varias horas o pasado venres. Pero non saben se foi culpa do intento de roubo do cable da estrada de Zas a Baio, no treito de Andrejalla a Lamas. Segundo a empresa de telefonía tratábase só dunha avaría que deixaba sen servizo a todo o concello.
O caso é que hubo unha intentona de roubopola tarde, e a noite do venres, arredor das 3:00h da madrugada, os ladróns intentaron roubar o cable do tramo de Meanos a Muíño, pero foron sorprendidos pola Garda Civil e puideron escapar, deixando abandonado o seu furgón nunha pista forestal.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).