Luns. 06.05.2024
El tiempo

3ª Autonómica: A revolución cativa

3ª Autonómica: A revolución cativa
Camelle e Nantón lle poñen as cousas moi difíciles a Corcubión e Muxía, que partían como favoritos   O Rodeiro volveu ser un punto de reunión de moitos camelláns - Foto: SD Camelle O Rodeiro volveu ser un punto de reunión de moitos camelláns - Foto: SD Camelle Ambos equipos recoñeceron a boa labor arbitral - Foto: SD Camelle Ambos equipos recoñeceron a boa labor arbitral - Foto: SD Camelle Clínica de Fisioterapia Sar patrocina a 3ª Autonómica. Coñécenos no FB Clínica de Fisioterapia Sar patrocina a 3ª Autonómica. Coñécenos no FB Camelle 0-0 Corcubión
  • Campo: O Rodeiro
  • Camelle: Álvaro, Lema, Rubén, Carlos Valiña, Sergo, Tajes (Tedin m.79), Martín (Santi m.69), Álvaro Lema (David m.87), Jose, Mario e Pasantes
  • Corcubión: Beto, Adri, Senra, Pabliño, Xabi (Miguel m.81), Mario Suárez, Alán (Germán m.63), Gabi, Samu, Toja (Tito m.35) e Lema
  • Árbitro: Giráldez Teixeira (A Coruña). Amonestou a Gabi e Tito do Corcubión
Que sexa a 90 minutos Queda para Cubaleiro e en forma de final a resolución da tempada de Camelle e Corcubión, que sobre O Rodeiro escenificaron un encontro igualado, con ocasións e tamén con reservas de cara ao choque de volta. O estado do terreo de xogo non aportou demasiado ao espectáculo, e igualou moito as forzas. Había importantes baixas nos visitantes, que compretaron convocatoria con xuvenís e porteiros. A mellor acción da tarde, ou a máis espectacular, resultou unha demostración de habilidades elásticas do meta visitante Beto. Tamén Senra a tivo na estratexia, pero o veterán zagueiro non atopou o camiño do gol.   Nantón 2-1 Muxía
  • Campo: Fontiñas
  • Nantón: Guille, Lareu, Maikel, Valentín (Damata m.59), Diego, Vidal, Fabio, Redondo (Iván m.70), Enmanuel, Martín e Silva (Budi m.82)
  • Muxía: Papi, Martín, Conguito, Denis, Chans, Pana, Adrián (Currás m.30), Julián, Noé (Castreje m.68), Peski (Gusa m.80) e Pereira
  • Árbitro: Guerra Domínguez (A Coruña).
  • Goles: 1-0 m.52 Redondo; 2-0 m.63 Enmanuel; 2-1 m.85 Pereira, de penalti
Pereira ponlle suspense Un Nantón moi sufridor foi quen de dar a sorpresa ante o Muxía, un dos equipos que mellor terminou a tempada en Terceira Autonómica. Os cabaneses aguantaron o dominio local durante a primeira metade, na que apenas houbo oportunidades claras de perigo. Foi na reanudación, e nun disparo de Redondo desde a frontal, cando rachou o encontro. Pouco despois Enmanuel, que retornaba tras unha convalecencia de catro meses, poñía terra de por medio. Se viña o acoso muxián, e primeiro a madeira negoulle o premio aos de Manín. Foi a falta de cinco minutos, e nunha pena máxima, cando Pereira, de penalti, atopou o camiño do gol.  

Novas relacionadas

Máisinformación

Fonte

Comentarios