Unha polos 175 anos de Rosalía de Castro dende Muxía e a Barbanza


O país enteiro celebra hoxe o 175 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Así o recoñece ata o twitter onde Rosalía de Castro é trending topic.
Se por Ponteceso os alumnos teñen sesión de achegamento á poeta, hoxe queremos traer unha nova fotografía que veñen de descubrir os compañeiros de Certo, Xornal da Barbanza. Da man de Ramón Torrado (non perdades texto publicado en Certo) o país disfruta dunha nova e fermosa foto desta figura histórica.
Máis apoios na bisbarra

O Concello de Muxía quere unirse á celebración do Día de Rosalía, agasallando aos centros educativos do municipio cunha rosa e un libro, neste caso doutra Rosalía, a poeta muxiá Rosalía Fernández Rial, levando así aos mozos e mozas a lembranza da figura de Rosalía de Castro, a muller que dotou de voz propia ao noso país e converteuse no mito máis relevante e universal da Galicia moderna, xunto aos versos dunha moza muxiá como exemplo das novas xeneracións na creación literaria en galego.
Máis información
- Certo, Xornal do Barbanza: Literatura Galega: Unha nova imaxe de Rosalía.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Nota de prensa do Concello de Muxía.