Unha senda peonil e ciclista conectará a finais de ano Xornes, Buño e Canta la Rana
08:07 25/04/17
A conselleira de Infraestructuras e Vivenda, Ethel Vázquez, supervisou o inicio das obras desta infraestructura que terá dous quilómetros
A senda peonil e ciclista entre Xornes, Buño e Canta la Rana - na que a Xunta inviste máis de 645.000€ - estará rematada no último trimestre deste ano. Así o trasladou onte a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, quen supervisou o inicio das obras desta infraestrutura, que terá unha lonxitude de 2 quilómetros e un ancho de dous metros, separados da calzada por unha franxa axardinada, discorrendo ao carón das estradas que unen Buño con Agualada e con Canta La Rana (AC-421 e AC-422).
A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, que estivo acompañada dos alcaldes de Ponteceso e Malpica de Bergantiños - Xosé Lois García e Eduardo Parga, respectivamente - salientou que esta senda permitirá realizar os percorridos habituais entre os núcleos de poboación e as zonas de equipamento, como o colexio, o campo de fútbol ou o cemiterio, “a pé ou en bici, dun xeito cómodo e seguro”.
Na visita a estas obras, Ethel Vázquez avanzou que esta mesma semana tamén darán comezo as obras doutra senda na comarca de Bergantiños, no concello de Carballo, que conectará esta vila co polígono empresarial de Bértoa. Este novo itinerario peonil e ciclista de preto dun quilómetro de lonxitude será posible mediante un investimento autonómico de case 800.000 euros.
Novas relacionadas
- Licitadas as obras da senda peonil que unirá as localidades cabanesas de Neaño e A Carballa
- Cabana e Neaño, e Carballo e Coristanco uniranse por novas sendas peonís
- Licitadas as obras da senda peonil entre Xornes, Buño e Canta la Rana e do polígono de Bértoa
- Firmado o acordo para a execución da senda peonil e ciclista entre Carballo e o polígono de Bértoa
- Camiñando polas sendas peonís.
Fonte
- Redacción QPC(info@quepasanacosta.com)
- Consellería Infraestructuras e Vivenda