Luns. 20.05.2024
El tiempo

"Vémonos nos campos"

"Vémonos nos campos"
Juan de Selia volve facer vida prácticamente normal, e incluso tivo que ser freado polo técnico Óscar Leis no seu desexo de voltar esta misma semana aos terreos de xogo Juan, agachado na fila inferior, cos seus compañeiros no último adestramento Juan, agachado na fila inferior, cos seus compañeiros no último adestramento Tardou máis en recuperar o alento o balompé da Costa que Juan Manuel Caamaño Fernández 'Juan de Selia' en retomar a súa vida normal. E ben que celebrou onte ese suspiro unánime unha familia á que se lle parara o mundo xusto antes do comezo do Monte Louro-Esteirana, cando o máis talentoso futbolista dos locais, aínda en etapa Xuvenil, se desplomaba diante de máis de duascentas persoas. A fortuna quixo que a intervención rápida de profesionais sanitarios, expertos en primeiros auxilios e a chegada do equipo médico evitasen problemas maiores. O case adulto loureán (cumprirá a maioría de idade o vindeiro 1 de decembro) lembra só flashes dese amago de traxedia, pero valora a dimensión do que pudo ser vendo a reacción de achegados e non tan próximos nas horas posteriores. Do momento crítico só hai vagas impresións. "Lembro estar no chan e falar co meu padriño, despois ver a algúns dos meus amigos e estar xa na ambulancia", explica o rapaz, que foi trasladado ao CHUS de Santiago de Compostela e o luns pola mañá xa retornaba a casa. E os prazos parecen tan mínimos que xa se ve de novo sacando as faltas, córners e todo o que pida unha perna privilexiada no golpeo. Sen embargo, o técnico Óscar Leis, quere poñerlle algo de pausa ao asunto. "Teño moitísimas ganas de xogar, xa quería facelo este finde, pero o míster non me deixa", confesa o futbolista, aínda co móbil saturado e cun 'debe' mental para moitos interesados no seu estado. "Houbo mensaxes que me chegaron especialmente, coma de miña ex moza, de amigos…", di Juan, que tamén apunta aos clubes da zona: "Moitas grazas polas mensaxes de ánimo a tódolos que se preocuparon por min, e xa nos veremos polos campos; tamén grazas a Teresa, muller de César, e a Mon, porque sen eles todo podería ter sido peor, e tamén a Lodeiro". A directiva xa respira tranquila A directiva xa respira tranquila Coa tanquilidade das cousas ben aseguradas, moitos miran atrás e preguntan que pasou. E o certo é que a expensas dunha visita ao neurólogo, e con diagnóstico de epilepsia improbable, Juan levou tamén un pequeno aviso. "Según o que me dixeron, a falta de descanso, a bebida enerxética de antes de xogar e comer tan rápido xuntáronse e…", indica o atacante, que acurtou en exceso os prazos previos á disputa do encontro. Agora Juan de Selia, ou cando o tempo o indique, volve a ser o máis grande valor da canteira do Louro, un pobo que xunto a Juan de Selia ten producido talento para anos. O desexo, de momento, é tan difícil coma sinxelo. "Non creo que eu sexa o futuro, hai moi bos futbolistas, pero Louro ten moita calidade e espero que quedemos este ano na Liga da Costa para darlle unha alegría ao podo", pide. E el pode dicir que case se deixa todo nelo. Merece unha compensación. Juan de Selia-Foto-Edu Olveira Juan de Selia-Foto-Edu Olveira

Comentarios