Luns. 06.05.2024
El tiempo

Liga da Costa: Verdillo pon velas a San Lorenzo

Liga da Costa: Verdillo pon velas a San Lorenzo
A derrota en Esteiro deixa contra as cordas aos carballeses, que viron esfurmarse unha vantaxe dun gol; Fisterra e Zas aplicaron o martelo pilón nos seus compromisos Houbo pouca historia nun ateigado Lombáns - Foto: Graciela Houbo pouca historia nun ateigado Lombáns - Foto: Graciela Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com Carnota 0-5 Fisterra
  • Campo: Lombáns
  • Carnota: Andrés, Pumuky, Adrián (Bernardo m.77), Manolo Chouza, Pedro de Pichín, Nakata, Raúl (Cibrán m.71), Oli Bermejo (Abelardo m.62), Adrián Rodríguez (Oreiro m.62), Miguel e Manuel Luis (Jose m.46)
  • Fisterra: Norberto, Dani Rubia, Robertín, Cote, Roco, Jesús, Guardiola (Mané m.69), Piti (Manuel Cartamil m.55), Pablo Lestón (Abel m.57), Rodri (Santi m.64) e Adrián (Adri m.68)
  • Árbitro: Maneiro Santos (A Coruña). Amonestou a Pedro de Pichín do Carnota; Guardiola e Roco do Fisterra
  • Goles: 0-1 m.6 Roco; 0-2 m.38 Pablo Lestón; 0-3 m.40 Jesús; 0-4 m.53 Adrián; 0-5 m.67 Abel
Afeccion do Fisterra en Lombáns Afeccion do Fisterra en Lombáns Un paseo masivo Non houbo cor, salvo o da grada, nunha nova vitoria dun Fisterra que xa vela armas para o derbi contra o Unión Club Cee. Un gran remate de Roco á saída dun córner eliminou a sombra do gato negro, e pouco antes do descanso entre Pablo Lestón, cun bo disparo, e un remate de Jesús, matouse esa sombra. Administrou a vantaxe e o esforzo durante a segunda metade unha SD na que a fe é a palabra social. [fbvideo link="https://www.facebook.com/FutboldaCosta/videos/954869467965044/" width="660" height="400" onlyvideo="1"]   Sporting Zas 2-0 Baíñas Zas-Baíñas-Foto-Alejandro Mel Zas-Baíñas-Foto-Alejandro Mel
  • Campo: San Andrés
  • Sporting Zas: Bugy, Rubén Forján, Braulio, Josito, Diego Fernández, Cilindro (Sande m.21), Isma, Manu, Rubio (Dieguiño m.79), Dani (Adri m.77) e Chapela
  • Baíñas: Sergio (Joselu m.77), Matías, Carliños, Mario, Jorge Calvete, Cristian (Eloy Cabeza m.77), Javi Suárez, Jaime (Tasky m.70), Alemán, Esteban e Dani Casal (Samuel m.77)
  • Árbitro: López Vila (A Coruña). Amonestou a Mario e Dani Casal do Baíñas
  • Goles: 1-0 m.45 Josito; 2-0 m.72 Braulio
Zas-Baíñas-Foto-Alejandro Mel Zas-Baíñas-Foto-Alejandro Mel Como nos mellores tempos Como aqueles tempos de Primeira, Josito e Braulio decidiron para o Sporting Zas o derbi ante o Baíñas. Unha académica execución de libre directo por parte do primeiro, xusto antes do descanso, mudou por completo o sentido da segunda metade. Os zascenses contemporizaron e agardaron a súa, ata que Chapela deixou a Braulio ante o porteiro visitante, e este resolvou a gol. Non tivo demasiados achegamentos o conxuntos visitante, que si estivo intenso no centro do campo. [fbvideo link="https://www.facebook.com/alejandrobaio/videos/1338542799496419/" width="660" height="400" onlyvideo="1"]   Esteirana 2-1 San Lorenzo
  • Campo: José Luis Vara
  • Esteirana: Manuel, Rafa (Brais m.58), Martín, Adrián, Iker (Álex m.53), Pablo Rama, Eloy (Anxo m.74), Codesido, Jaime, Simón e Tobío (Damián Suizo m.10)
  • San Lorenzo: Javi Souto, Rubén Varela, Juanjo, Rudi, Adrián Varela, Adrián Fraga (Juni m.70), Maro, Álex Figueiras, Luis (Dani Pena m.64), Fuentefría e Parafita (Kevin m.64)
  • Árbitro: Baña Tajes (A Coruña). Expulsou a Rubén (m.30) e a Fuentefría (m.80)
  • Goles: 0-1 m.52 Fuentefría; 1-1 m.57 Jaime; 2-1 m.67 Adrián, de penalti
A Esteirana vístese de xuiz Chegou polo Sur e golpeou ata Bergantiños o bombazo dunha Esteirana que deixou moi tocado ao San Lorenzo e ás súas aspiracións de título. Os locais tardaron e moito en entrar na cita, e foi curiosamente a raíz da expulsiónd de Rubén, por protestar, cando medraron. Moi entonado, o cadro local competiu perfectamente e non concedeu demasiadas ocasións. Foi á volta do vestiario cando Fuentefría engordou a súa conta goleadora, tras un balón que, tralo erro de cálculo na zaga, lle prantou ante o meta local. Contrarrestou case inmediatamente a Esteirana, cunha acción intelixente de Jaime. Unha pena máxima foi a mellor metáfora e resumo do que significou o segundo tanto local.   Coristanco 2-2 Porteño Houbo conxura do Porteño en Coristanco - Foto: CF Porteño Houbo conxura do Porteño en Coristanco - Foto: CF Porteño
  • Campo: A Rocheira
  • Coristanco: Nacho, Marcos (Damián m.87), Mato (Jorge Lorenzo m.71), Adrián, Gonzalo (Samuel m.67), Iván Pena, Rubén, Javi, Pablo Díaz (Sergio m.82), Cristian e Iván
  • Porteño: Martín, Manuel (Marcos m.81), Gabi, Pejo, Caamaño, Cousillas (Jorge m.45), Canosa, Quilmes, Abel (Rodri m.64), Mario Toja e Cachi (Adrián m.71)
  • Árbitro: Pardo Pose (A Coruña). Amonestou a Pazos do Coristanco; Jorge, Quilmes e Pejo do Porteño
  • Goles: 0-1 m.10 Quilmes; 1-1 m.32 Gonzalo; 1-2 m.82 Mario Toja, de penalti; 2-2 m.89 Iván Pena
Punto e medio do Porteño A pesares da decepción do ver esfumarse os tres puntos, o Porteño sacou un punto mais o average da súa visita a Coristanco. Foi un choque de fases, con alternativas nas áreas e moitísimo fútbol directo. Abriu o marcador Quilmes aos dez minutos, tras controlar un centro no área e resolver de exterior. Pasada a media hora, e nunha acción con rebote incluido, Gonzalo igualaba. Tentaron apretar os locais, aínda que sen claridade, e aguantaron os da Ponte. A oito do final Mario Toja convertía un penalti por derribo a Gabi. E cando parecía decisivo, unha falta ó borde do área executada por Iván Pena superou á barreira, botou e o superou a Martín.   Buño 5-0 Cabana
  • Campo: Xaviña
  • Buño: Toni (Cristian m.83), Miguel Dourado, Dimitri, Canedo, Emilio (David Castro m.77), David Dourado, Dani Calvete, Gurita, Víctor, Alexander (Pedro m.67) e Fran Borrazás
  • Cabana: Víctor, Grille (Adrián m.71), Jose, Isma, Rubén, Diego Varela (Álex m.46), Reigía, Fernando, Adrián, José Manuel (Adrián Vázquez m.77) e Christian (Pablo Pose m.53)
  • Árbitro: Méndez Castro (A Coruña).
  • Goles: 1-0 m.3 Víctor; 2-0 m.56 Dani Calvete; 3-0 m.67 Víctor; 4-0 m.80 Gurita; 5-0 m.83 Víctor
O derbi pode valerlle ao Buño Non houbo demasiado ruido no derbi bergantiñán entre Buño e Cabana, aínda que si certa emoción no marcador d ®ante case unha hora. Os visitantes, moi xustos de efectivos, viñéronse abaixo a raíz do gol de Dani Calvete. Melloran sustancialmente as sensacións dos oleiros, con tódalas opcións de acadar unha permanencia que parecía improbable.   Unión Club Cee 4-1 Volantes de Baño
  • Campo: San Paio de Refoxos
  • Unión Club Cee: Ángel Luis, Nico, Jorgito (Esteban m.52), Rubén Fiuza, Borja, Aitor, Isma Lamela, Xabi (Rubén m.1), Leo, Trillo e Chiru
  • Volantes de Baño: Javira, Julio, Juan do Sivil, Javi, Pardelo, Sergio, Andel, Mou, Álex, Ivi e Fran
  • Árbitro: Fernández Iglesias (A Coruña). Expulsou a Fran, do Volantes de Baño (m.72)
  • Goles: 1-0 m.26 Rubén; 2-0 m.41 Leo; 3-0 m.787 Isma Lamela; 3-1 m.87 Javi; 4-1 m.90 Leo
Un Unión máis que fiable Está a finalizar ao grande o curso o Unión Club Cee. Os de Cambeiro venceron a un Volantes coa convocatoria xusta e sen o máximo realizador, Yanky. Resultou chave o tanto de Leo antes do intermedio. De novo papel determinante para o corcubionés, bigoleador. Competiu ben o cadro muradán, pero o paso dos minutos e un campo grande foron mallando na resistencia. O visitante Javi anotou ante o seu exadestrador.   Mazaricos 3-2 Castriz
  • Campo: Peña do Ouro
  • Mazaricos: Iván, Matías, David (Cerbán m.81), Ricardo, Marcos, Pereiro, Brais (Martín m.85), David Lado, Estéfano, Molinos (Raúl m.86) e Chenel
  • Castriz: Añón, Iván (Dani Martínez m.79), Sergio (Fabián m.64). Alejandro, Diego Maneiro, Martín, Mata (Martín m.46), Bruno, David Agra, Darío Capelo e Álex Flores
  • Árbitro: Pérez Álvarez (A Coruña). Amonestou a Edu, Marcos, Cerbán do Mazaricos; Iván e Martín do Castriz
  • Goles: 1-0 m.31 Chenel; 2-0 m.44 Chenel; 2-1 m.54 David Agra; 3-1 m.61 Chenel; 3-2 m.79 Fabián
Un derbi baixo o mandato de Chenel Sen nada en xogo máis que acadar a mellor clasificación posible, Mazaricos e Castriz desputaron un partido entretido e con boas accións nas áreas. O punta santiagués Chenel foi o absoluto dominador e anotou os tres goles dos locais. A velocidade e aproveitamento dos espazos foron chave para os de Néstor Romero, que por contra tiveron enfrente a un cadro xalleiro contestón a pelota parada.   Camariñas 3-0 Cerqueda Yuyo firmou os tres goles do Camariñas - Foto: Camariñas Yuyo firmou os tres goles do Camariñas - Foto: Camariñas
  • Campo: Hermanas Patiño
  • Camariñas: Pablo Novo, Rodri, Kevin, Paco (Soule m.62), David, Yuyo, Maikol, Antelo (Joseba m.62), Nico, Vieites e Moriño (Vicente m.46)
  • Cerqueda: Diego Dourado, Fernando, Dani, Athu (Juanjo m.66), Carlos, Francisco (Xabi m.36, Brais, Manu Guillamet, Luchi, Lorenzo e Eloy
  • Árbitro: Gesto Moral (A Coruña). Amonestou a Paco e Soule do Camariñas; Eloy, Juanjo, Dani do Cerqueda
  • Goles: 1-0 m.3 Yuyo; 2-0 m.17 Yuyo; 3-0 m.78 Yuyo
Ao Camariñas a permanencia non lle da Yuyu Tres goles de Yuyo achegan case de forma definitiva a permanencia para un Camariñas que tivo unha marcha máis que o Cerqueda e que aproveitou os balóns ao espacio para castigar a un rival cunha convocatoria atípicamente reducida.   Ponteceso 3-1 Ameixenda
  • Campo: O Pinguel
  • Ponteceso: Brais (Damián m.46), Nando, Alberto Recarey (Diego Collazo m.59), Juanma, Diego, Iago (Youssef m.77), Baba, Laik (Pablo Regueiro m.55), Mendieta, Christian e Charly
  • Ameixenda: Maikel, Demetrio, Javi, Bruno, Bicho, Trillo, Jesús (Antonio m.89), David, Brais, Borja (Samuel m.84) e Rafa (Grille m.77)
  • Árbitro: Ordóñez Rodríguez (A Coruña). Amonestou a Diego Collazo do Ponteceso; Trillo, Bruno e Javi do Ameixenda
  • Goles: 0-1 m.41 Brais; 1-1 m.43 Christian; 2-1 m.85 Demetrio, en propia meta; 3-1 m.88 Baba
Remontada con crueldade para o Ameixenda Unha dignísima primeira metade fixera soñar coa permanencia e escalar posicións na táboa. Saiu irrecoñecible o Ponteceso e non foi quen de meterlle man a un rival organizado e valiente na réplica. Foi fundamental que Christian, nunha acción rápida, equilibrase antes do descanso o tanto de Brais. Xa no segundo acto, e cos locais con pouca pegada e profundidade, chegou a desgraciada acción que afundiu aos ceenses, a introducir Demetrio un disparo na súa propia portería. Faltaban cinco para o final.  

Novas relacionadas

Máisinformación

Fonte

Comentarios