#SoandoconForza: Tu Futura Ex Mujer lanza novo traballo, Novos Millonarios

A banda carballesa Tu Futura Ex Mujer, formada por catro amigos pertencentes a outras bandas carballesas Haime (Voz e guitarra. Teclista en Elvis Negro e baixista en Aula 11), Manu Eirin (Guitarra. Baixista en Elvis Negro e guitarrista en Aula 11), Dan Vecino (Batería. Baterista de Arabian Evils) e Iago Pardiñas (Baixo. Baixista en Apart), comprácese en anunciar o lanzamento do seu novo álbum, “Novos Millonarios”.

Despois de meses de traballo no local de ensaio e no estudo, Tu Futura Ex Mujer está listo para presentar o seu último traballo ao mundo. "Novos Millonarios" combina o son logrado ata agora, con ritmos máis rápidos, bailongos e frenéticos.

O álbum conta con sete cancións, tanto en galego coma en castelán, sendo seis delas orixinais, unha versión traída ao galego de Girlfriend de Ty Segall e tamén tres colaboracións, unha con Ánxela de Bala, e dúas onde Ziggi presta a súa preciosa voz.

Este traballo presenta unha evolución con respecto ao publicado ata agota. Nas letras pódese apreciar moita retranca e crítica, dende un punto de vista divertido e inxenioso.

"Novos Millonarios" está dispoñible en todas as plataformas dixitais dende o 16 de marzo. A banda presentará o seu novo traballo o día 31 de marzo no Casino 1889, en Carballo, traendo á súa casa a unha banda viguesa e compartindo escenario cun rapeiro tamén carballés.

MÁIS PARECIDOS RAZONABLES

CARA B

#SOANDOCONFORZA