#SoandoconForza: Cuestionario co músico e escritor carballés Lou
Con motivo do primeiro concerto oficial de “DOS”, o novo proxecto do músico e escritor carballés Lou7Go xunto con Alex Barbosa, este sábado 2 de abril na sala A Reserva de Carballo, convidamos a Lou7Go a facer o cuestionario musical de #SoandoconForza.
- Como xorde este novo proxecto “DOS”?
Meu pai púxolle unha pequena semente á miña nai e... en serio, do xeito máis sinxelo, (aparentemente claro) puxen un anuncio en Facebook e Alex Barbosa, que é o guitarrista e director musical do proxecto, envioume unha mensaxe, quedamos, tocamos, comprobamos que temos moita química, e aquí estamos.
- En cantos grupos estivo Lou7Go ó longo da súa carreira musical?
Dígochos por orde: The Mentes, + Que Perros, KM0 (a partir de aquí pérdome coa orde), Achafemia, Charcos y Narcos, La Banda del tío vivo, La puerta número 2, e algúns máis que francamente agora non lembro.
- Algunha fórmula para que cada concerto sexa especial e tocar non se convirta en algo monótono?
A verdade é que non, o único que che podo dicir a día de hoxe é: traballa moito os temas e o teu propio instrumento de forma seria, e despois divírtete nos concertos, non esquezamos que a vida é un xogo, serio, pero un xogo.
- Con que grupo vos gustaría tocar ou telonear?
Os Rolling Stones.
- O concerto ao que asistises que máis che impactou ou te marcou?
Non vou a moitos concertos, sei que soa raro, pero é así. Impresionáronme bastante algúns que vin aquí en Carballo, son de Vigo e chámanse Cro!.
- Sala de concertos ou lugar onde máis che gustou tocar?
Non me lembro, falo en serio.
- O grupo que máis te decepcionou en directo?.
Aínda que o soubera, non cho diría.
- Algún concerto do que gardes bo recordo como músico ou espectador na Costa da Morte?
Cro, en Carballo.
- Tres garitos de rock and roll que recomendarías?
Ningún, penso que os garitos da noite son antros de destrución do ser humano, prefiro un lugar bonito para almorzar como o Colón, en Carballo ou o Dubra.
- Algunha cancelación dolorosa?, algún concerto no que non poideses tocar por calquera motivo?
Non gardo ese recordo.
- Están o pop e o rock en horas tan baixas como parece ou ainda teñen acordes para rato?
Non vexo a música dende ese punto de vista, se algo che gusta consúmeo, e buscas en calquera sitio, e se non, créao ti mesmo. Non me preocupan os procesos polos que pasan os estilos musicais porque creo que é algo natural, unha expresión da maioría da sociedade, se a sociedade está enferma, a música tamén o estará, así que só me preocupo, a nivel individual, por consumir. e facer cousas que dende o meu punto de vista son boas, aínda que para outro poden ser unha merda. É como a comida, podes comer comida de porcallada ou comida de calidade, e se a comida de calidade escasea, podes plantar ti. Así que, respondendo á túa pregunta, diríache que sí "cada vez hai máis comida de porcallada".
- Que anda Lou7Go escoitando ultimamente?
Jazz latino, música antiga, espiritual, clásica, Julio Iglesias, boleros, blues e por suposto, Dos.
- Algunha recomendación musical? algunha banda nova que penses que teña bastante calidade e merezca a pena pararse con ela?
Son un ignorante á hora de lembrar nomes, escoito, pero non fago caso de como se chama a xente, non sei... é coma se para min todos os músicos formaran parte de un só, e eu escoito fragmentos dese músico universal repartido en todos os artistas do universo sen prestar atención ós seus nomes. Pode soar egoísta ou pretencioso, pero estou aprendendo a que me importe un carallo o que pensen os demais. Iso, ou teño unha memoria de merda e cústame responder a esta pregunta, por iso a levo a un lugar máis místico.
- Que grupo de pop rock non entendes que teña tanto éxito?
Para min todo ten sentido, aínda que sexa difícil de ver. Aínda así, é unha pregunta complicada porque, que é o éxito? O único que che podo dicir é que eu me alegro por calquera que se gaña a vida como lle sae da cona e teña todo o éxito que el ou ela crea que ten.
- Tres festivais que che gusten, ou tres festivais que recomendes.
Non vou a festivais, bótanme para atrás as aglomeracións borrachas de xente, porque sempre teño que acabar eu bébedo tamén para camuflarme no ambiente, e eso é algo que non me beneficia.
- A banda sonora de Lou7Go, 10 cancións que penses que te definen.
Dígoche tres, ¨Starway to Heaven¨, ¨Noelia¨ de Nino Bravo e ¨Nature Boy¨ de Nat King Cole.
- Unha compañeira ou compañeiro de Rock and Roll ó longo de todos estos anos?
Miña nai.
#SOANDOCONFORZA
- Plaxios e parecidos razonables (V).
- 10 bandas rusas.
- 10 bandas rusas.
- Plaxios e parecidos razonables (IV).
- Un tema e unha sesión para rematar o Entroido.
- Lembrando a Renegade Soundwave.
- “Fail We May, Sail We Must”.
- A playlist QPC.
- #SoandoconForza: Cando The Undertones se burlaban de Human League.
- Primeiras novidades do 2022Primeiras novidades do 2022.
- 25 anos do Homework de Daft Punk.
- O castelán na música electrónica internacional
- Cando Mudhoney adiantou a Primal Scream sampleando a Peter Fonda
- 5 cancións para recibir o novo ano.
- Playlist de Nadal.
- As 101 cancións do 2021
- Un par de temas que Dua Lipa sampleou.
- Un vinilo dos Dramáticos en Porto.
- Plaxios e parecidos razoables (III).
- As influencias de “Gang of Four”.
- Plaxios e parecidos razoables (II).
- Plaxios e parecidos razonables (I).
- Unha playlist para Samaín.
- Pinchada para os comercios da rúa Valle Inclán.
- 10 novedades para a finde.
- Lembrando a banda lusa GNR.
- 2 playlist para esta finde.
- A sesión do Orballo Cultural.
- Uns temas para arrincar setembro.
- Un cento de bandas da década dos 2000.
- 8 recomendacións de libros musicais para acabar o verán.
- Unha hora de baile na radio-podcast QPC.
- A versión de Safety Dance de Angel Olsen.
- 39 anos do triunfo da banda carballesa Metro na Corulña.
- Un repaso ás bandas que pasaron polo XiriaPop.
- 5 versións de bandas nacionais.
- 30 anos dunha cancelación histórica en Bergantiños.
- As actuacións máis destacadas do San Xoán de Carballo.
- Dous discursos de Pepe Mujica sampleados para a pista de baile.
- Eirís, o carballés que estivo de xira por Corea do Norte.
- A solicitada voz de Robert Smith cas bandas de pop electrónico.
- 32 anos do histórico concerto de Yo la Tengo na Laracha.
- 5 temas fronteirizos.
- 8 aniversarios singulares.
- Un avance do que se vén polos festivais galegos este verán.
- Dúas listas para #RadioQPC.
- 5 novidades de bandas galegas.
- 5 sesións para amenizar a finde.
- 5 imprescindibles documentais de música.
- Lembrando unha visita de Manu Chao á Costa da Morte.
- Catro novidades e un clásico para a última fin de semana de marzo.
- Playlist polo Día do Pai.
- Baiuca.
- “Tu Futura Ex Mujer”.
- Coñecendo a banda carballesa "Apart”
- “Son Carballo”, unha playlist de bandas carballesas.