Venres. 29.03.2024
El tiempo

Ponteceso

#SoandoconForza: Cando The Undertones se burlaban de Human League

A finais Marzo de 1980 The Undertones publicaban “My Perfect Cousin”, un tema con certa retranca cara as novas tendencias musicais que estaban xurdindo no Reino Unido como o synthpop.

Human League que gozaba dunha gran publicidade e tiñan contrato con Virgin, en 1980 aínda non acadaran o éxito que tanto buscaban, os dous discos que publicaran “Reproduction” de 1979 e “Travelogue” de 1980, non lograron os niveis de venta esperados.

Foi entón cando Undertones metiu o dedo na ferida e nombrou a Human League en “My Perfect Cousin”, tema que resumía a imaxe que quería trasmitir Human League.

His mother bought him a synthesiser
Got the Human League into advise her
Now he's making lots of noise
Playing along with the art school boys
Girls try to attract his attention
But what a shame, it's in vain, total rejection
He will never be left on the shelf
'Cause Kevin, he's in love with himself.

A súa nai comproulle un sintetizador
Conseguiu que Human League a aconsellase
Agora está facendo moito ruído
Xogando cos rapaces da escola de arte
As nenas tentan chamar a súa atención
Pero que mágoa, é en balde, o rexeitamento total
Nunca quedará no andel
Porque Kevin está namorado de si mesmo.

 

En 1981 Human League atravesou o seu peor momento cando o vocalista Philip Oakey expulsou da banda a Martyn Ware. Esta decisión provocou que Ian Craig decidira tamén deixar a banda e acompañar a Martyn.

A formación incorporou ó baixista Ian Burden e ós coros a Joanne Catherall e Susanne Sulley. Das proxeccións visuais seguía a encargarse Adrian Wright. En outubro de 1981 Human League publicou “DARE”, o disco co que acadaría por fin o éxito a banda.

Deixamos un vídeo da actuación de Undertones no V de Valarés o 16 de agosto de 2014.

#SOANDOCONFORZA

#SoandoconForza: Cando The Undertones se burlaban de Human League