Venres. 29.03.2024
El tiempo

Carnota

A música do país será protagonista na Mostra Víndemo Ver

Unha vez realizada unha primeira ollada ao programa xeral, e coñecer de preto as probas deportivas, afondamos na Mostra de Promoción Local Víndemo Ver-Mercado da Deputación de Carnota, que este 2023 cumple o seu 10 aniversario, e faino con boa música do país.

Os días 6, 7, 8 e 9 de abril, a praza San Gregorio de Carnota converterase no escenario dun mercado de principios do século pasado (invitan a acodir disfrazados, por suposto).

E para darlle un toque máis auténtico preparan unha fin de semana chea de boa música do páis. O venres 7 de abril á noitiña, despois do espectáculo cunha obra de teatro musicada “Tralalareira”; contos das nosas tataravoas, comeza o concerto de “La banda de ayer”, que amenizarán a noite con cancións míticas dos anos 80,90 ata os días de hoxe.

O sábado á noite, o prato forte chga con Leilía, como colofón a súa traxectoria, xa que é a última xira que fan. Ao seu remate, chegan La Quinkillada para facernos saltar e bailar sen parar.

Concertos VÍNDEMO VER

Novas relacionadas

 

Citas da Semana Santa na Costa da Morte

A música do país será protagonista na Mostra Víndemo Ver