Xoves. 28.01.2021
El tiempo

Cee

Colectivo Xa: #Omachismoépandemia

A creación audiovisual está sendo protagonista neste #25N. Tamén o comprobamos co nacemento da plataforma "Colectivo XA" un espazo virtual promovido por 14 mozos e mozas que cursan estudos de Bacharelato no IES Agra de Raíces de Cee: Ángel Aba, Samuel Canosa, Alexia Fariña, Ana Fdz. de Larrinoa, Carla Ferrío, Lara Garrido, Ariadna Herrero, Yamila Lago, Óliver López, Laura Matínez, Miguel Pérez, Naira Puente, Carmen Sánchez e Adrián Villar, responsábeis do guión, e o do profesor Alberto Pombo.

O seu obxectivo será tender pontes de contacto e información entre a mocidade galega máis consciente e crítica, unha labor que desenvolverán desde as redes sociais: Instagram, Tiktok e Twitter (http://twitter.com/colectivoxa>@colectivoxa).

A primeira campaña que promoven, en formato audiovisual, foi ideada e realizada con motivo do 25N e baixo intención de denunciar e visibilizar a violencia machista que se desenvolve no seo dos fogares e que se oculta na invisibilidade que provoca o confinamento. O cancelo #omachismoépandemia encherán as redes estes días.

 

Novas sobre o #25N

Colectivo Xa: #Omachismoépandemia