Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Carballo mobiliza unha manifestación dixital polo #25N

Carballo en rede contra a violencia de xenero
Carballo mobiliza unha manifestación dixital polo #25N

A habitual manifestación do #25N na Praza do Concello de Carballo non se poderá realizar (si se realizará unha concentración silenciosa institucional ás 12:00h). Pero dende o Concello queren canalizar toda esa ansia de protesta convidando á cidadanía a manifestarse o 25 de novembro ás 20:00 horas. A proposta é entrar en www.carballo.gal ou nas redes sociais do Concello de Carballo. Por cada persoa participante aparecerá unha icona amosando a súa situación nun mapa, para poder ver cantas voces se escoitan contra as violencias e dende onde.

Ademais, o prgrama trae varias actividades, que xa comezaron coa obra, na Biblioteca Rego da Balsa “Príncipas e princesos” de Pablísimo, que se puido ver en streaming tal que así:

O luns 23 de novembro terá lugar o da exposición urbana de artistas locais contra a violencia de xénero. Fotografías, debuxos e pinturas ilustran un total de 18 paneis que se colocarán separados en varias rúas do centro urbano.

O Martes 24 e mércores 25: abren a proposta “1 minuto contra a violencia de xénero”, invitando a enviar (a [email protected]) un vídeo de 1 minuto de duración, como máximo, amosando á túa maneira o rexeitamento á violencia de xénero. Entre todas as persoas participantes realizarase un sorteo de 1 lote de produtos da campaña “En negro contra as violencias”.

Xa o mércores 25 de novembro, ademais está programada no Pazo da Cultura a estrea do espectáculo “Bravas: historias das nosas mulleres”, da man da actriz Isabel Risco. A entrada é libre e gratuíta, con previa reserva de entrada no email [email protected], enviando nome, apelidos e número de teléfono. Poderán reservarse dúas entradas por persoa, como máximo, e en total, debido ás restricións sanitarias, poñeranse a disposición do público 30 entradas.

Novas sobre o #25N

Comentarios