Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Os Bolechas protagonizan o 25N de Cee

25N en Cee
Os Bolechas protagonizan o 25N de Cee

A acción do Concello de Cee deste 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero, ten como protagonostas aos Bolechas. A Concellería de Presidencia, Benestar Social , Emprego e Igualdade do concello de Cee, en colaboración co CIM, vén de facer entrega nos centros de ensino os xogos didácticos dos Bolechas, “Cee en Igualdade”.

O CEIP Eugenio López, CPR Manuela Rial, IES Agra de Raíces, IES Fernando Blanco e unitarias de Brens e Pereiriña terán material propio para traballar a temática. E proximamente se repartirán ás asociacións Aspadex e APEM.

Tamén se fixo entrega de máscaras da campaña En Negro contra as Violencias e comezouse co reparto de máscaras aos comercios de Cee.

O día 25 publicarase nas redes sociais do concello de Cee o vídeo co acto de lectura do manifesto.

25N en Cee 2

Novas sobre o #25N

Comentarios