Mércores. 08.05.2024
El tiempo

Ponteceso

Lóstregho lanza "Dardos", o seu primeiro zarpazo

Dardos é o primeiro vídeo da nova banda costeira Lóstregho. Unha banda formada por míticos expoñentes do punk bergantiñán, que estes días se funden neste cañonazo chamado “Dardos”. Sen guitarras polo medio, o brutal baixo de Bryan Martínez e a tremenda batería de Joseíño García, acompañan á garra, xa demstrada durante anos nos escenarios de todo o país de Josinho da Morena, un dos performers máis potentes da comarca.

Esta semana presentaron Dardos, e xa arrasa nas redes, e tamén no concurso de Bandas de @galician_brew.

Este Lóstregho chega despois do do “Zarpazo” que deron o pasado mes de outubro na Eira, e que esperamos que se repita canto antes en moitos escenarios da comarca:

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

A post shared by LÓSTREGHO (@lostregho)

Soandoconforza

Novas de música bergantiñá

Lóstregho lanza "Dardos", o seu primeiro zarpazo