Está tendo moi boa repercusión na rede, sendo compartido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e será presentado no Culturgal de Pontevedra e no Museo do Mar de Vigo a última fin de semana de novembro.
25N
Aínda así, a entidade non deixa de organizar actividades. Xa están as prazas esgotadas para un obradoiro de pandeireta con Xabier Díaz que se celebra o vindeiro 29; e este domingo 22, co gallo do 25N, a sede da Fundación Eduardo Pondal acollerá, sempre seguindo as recomendacións sanitarias vixentes, un cafeíño e a presentación de “Saberes de Muller: Literatas”. O encontro será ás 17:00h da tarde e presentará “A historia de tres mulleres labregas da comarca de Bergantiños que de xeito autodidacta se converteron en poetas”.
As actividades arrredor do Día Internacional contra a Violencia de Xénero continúan o mércores 25 coa representación por parte da compañía de teatro Os Quinquilláns de “A pluma viva de Rosalía”. Esta é unha montaxe teatral sobre igualdade e liberdade que está basada nun feito real de censura á obra de Rosalía de Castro. Será ás cinco da tarde.
Ademais, o venres 27 será o día de Con N de Neira. Ás seis da tarde haberá un concerto de lírica contemporánea titulado “Canto de Amor, poemas de Xosé Neira Vilas”. Seráinterpretado pola soprano Victoria Álvarez Acón e o músico Vicente Castro Alonso.