Sábado. 12.10.2024
El tiempo

Ponteceso

Critican ao alcalde de Ponteceso por facerlle publicidade a unha empresa eólica por unhas “migallas”

  • A Plataforma en Defensa das Salgueiras denuncia que a sentencia contra a repotenciación do P.E. do Roncudo “vén a ratificar que se pasou por riba dos dereitos á participación pública dos veciños”

 

Unha cousa é asinar un convenio de colaboración cunha empresa, e outra darlle unha excesiva publicidade. Así o entende a Plataforma en Defensa das Salgueiras, que critica que “os convenios do alcalde de Ponteceso con EDP son publicidade casi gratuita para a empresa cando o alcalde debería de estar ao carón da veciñanza que reclama os seus dereitos e a defensa do interés público”. Unha situación moi concreta pero que, en moitos casos, serve para entender as relacións de poder entre empresas e poderes políticos no noso país.

A Plataforma lembra que o convenio, utilizado para asfaltar camiños, é de 240.000 euros en catro anos, menos do 2% da facturación de estimada da empresa só no polémico Parque Eólico de Corme, dando unha visión da pouca repercusión que teñen os eólicos no territorio que ocupan.

”Chamámoslle migallas porque de cada 100 euros que a empresa ingresa a base de explotar os recursos naturais do Concello só deixa un e medio a través dese convenio do que tanto presume o alcalde e que tan útil é para a empresa en forma de lavado de imaxe, cando ademais se aforrará máis de 300.000 euros do canon eólico pola repotenciación”, denuncian.
”A cambio, o alcalde debería defender o interés público, a conservación ambiental, paisaxística, os dereitos dos veciós e veciñas afectadas, pero tamén a economía local”, sinalan.

Repotenciación do Roncudo

A entidade faise eco tamén da sentenza do TSXG pola que se anula a autorización da Xunta das obras de repotenciación do parque eólico de Corme, executadas durante o confinamento.

Lembran que xa en 2019 a veciñanza cormelá, aínda non organizada, presentaba alegacións, contra a devandita repotenciación, porque, entre outras cousas, un aeroxerador invadía a zona de protección do Pozo da Lagoa, outro aeroxerador non respetaba a área de protección de un petróglifo e para rematala tres aeroxeradores estaban instalados dentro de Rede Natura.
Caso omiso fixo a Xunta que deu orde de comezo das obras, para a Plataforma, como exemplo do “modelo eólico corrupto que non prima os intereses das persoas e do medio ambiente senón que estamos diante dun negocio capitalista”.

As entidades organizábanse entón, lanzando este vídeo-manifesto:

Novas relacionadas

Critican ao alcalde de Ponteceso por facerlle publicidade a unha empresa eólica por unhas “migallas”