mércores. 30.04.2025
El tiempo

Vimianzo premia as fachadas de vivendas e comercios ambientados no Asalto ao Castelo

Vimianzo premia as fachadas de vivendas e comercios ambientados no Asalto ao Castelo
fachadas-asalto-castelo Fachada da vivenda que recibiu o 1º premio no concurso do ano pasado Falta menos para o Asalto ao Castelo de Vimianzo que na súa 22ª edición chega con máis forza ca nunca. Herdeiros da Crus, Xabier Díaz, Muchachito e Festicultores Troupes serán os encargados do final de festa a unha semana chea de actividades. A veciñanza será parte destas actividades paralelas polo que a organización  quere premiar o traballo da veciñanza que cada ano traslada a vila ao século XV, cando os irmandiños prepararon a guerra contra o sistema feudal que inspirou esta celebración. Por iso daranse varios premios para as fachadas máis singulares, diferenciando de novo este ano os comercios e locais non hostaleiros das vivendas particulares. Deste xeito procúrase promover que o tecido do comercio local participe tamén na ambientación da festa. As fachadas deberán estar engalanadas, como mínimo, venres 30 de xuño e sábado 1 de xullo. Recoméndase que as fachadas luzan decoradas durante toda a semana da festa. Pode participar calquera casa, piso ou baixo comercial da vila de Vimianzo, quedando só excluídos os locais hostaleiros (bares, restaurantes e pensións). Unha mesma fachada pode ter distintos concursantes. A inscrición formalizarase enviando un correo a festa@asaltoaocastelo.org no que debe constar nome e apelidos do/a concursante, teléfono, enderezo exacto da fachada (ou piso) coa que participa. O prazo para presentarse ao concurso remata o mércores 28 de xuño. Premios Para as fachadas haberá dous premios; o 1º de un vale de compra por valor de 50 € e un 2º premio dun menú para dúas persoas. Mentras que os comercios e outros establecementos non residenciais obtan a un 1º premio dun menú medieval para dúas persoas e a un segundo premio dun menú para dúas persoas. A decisión do xurado farase pública durante o propio sábado 1 de xullo, ás 19:15 horas na Praza do concello. Posteriormente tamén se publicará o resultado nas redes sociais. Seguridade xunta-local-seguridade-vimianzo Hoxe reuniuse en Vimianzo a Xuntal Local de Seguridade para tomar as medidas de cara ás festas do verán Por outra parte, o subdelegado do Goberno na Coruña, Jorge Atán, e o alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo, copresidieron esta mañá a reunión da Xunta Local de Seguridade, na que se acordaron as medidas que se tomasen para a celebración do Asalto ao Castelo así como nas festas previstas nas diferentes parroquias do municipio no mes de agosto. No encontro estiveron presentes a vicesecretaria xeral da Subdelegación do Goberno, Eva Vázquez; o coronel xefe da Comandancia da Garda Civil da Coruña, Francisco Javier Jambrina, acompañado polo sarxento do posto da Garda Civil de Vimianzo, Rubén Fernández Arias, e da Policía Local, Elias Cernadas, así como o inspector xefe da Policía Autonómica, José Bouzada; e a secretaria do concello, María Cristina Varela. Na xuntouse acordouse crear a Comisión de Coordinación Policial, formada polos responsables das forzas e corpos de seguridade presentes no municipio, como órgano operativo dependente da Xunta Local de seguridade. A dita Comisión reunirase proximamente para ultimar os dispositivos de seguridade cidadá e seguridade viaria necesarios para o desenvolvemento normal deses días festivos. Para estes efectos, o posto da Garda Civil verase reforzado cos apoios que resulten necesarios por parte da Compañía de Carballo e a Comandancia da Coruña. No transcurso do encontro tamén se analizou a situación da criminalidade no Concello, no que se constatou que nos primeiros catro meses de 2017 se produciu un descenso das infraccións penais no municipio, con respecto ao mesmo período do ano 2016. Deste xeito, o índice de criminalidade do municipio mantense por baixo da media da provincia da Coruña e da comunidade autónoma galega.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
  • Asalto ao Castelo

Comentarios