Vimianzo presenta o seu programa gastronómico do outono
08:11 20/10/16
O concello de Vimianzo en colaboración cos restaurantes do municipio poñen a andar mañá venres unha nova edición do programa "Vimianzo gastronómico". Dende o arranque da súa andadura no ano 2012 o éxito de participación nestas xornadas vai a máis.
Este ano - ao igual que os anteriores - os restaurantes da vila ofrecerán por 20€ por persoa menús degustación con productos propios da época e da zona, tales como, os doces, a carne,... Esta iniciativa vai parella ao programa cultural deste outono posto en marcha polo departamento de Cultura do concello vimiancés.
Representantes do concello e dos locais de hostelería participantes presentarán mañá, ás 12:30 horas no salón de plenos, o programa con mostras dos productos e dos menús que se ofertarán.
Pincha para ampliar
Novas relacionadas
- A Slow Food internacional proba o Vimianzo Gastronómico
- Vimianzo prepara o padal para as Xornadas Gastronómicas.
- Slow Fish de Canadá e Alemania interésanse pola Costa da Morte
- Os eixos do proxecto “Do mar a terra”.
- A Slow Food Galicia prantexa o ano dende o Vimianzo Gastronómico.
- Presentación do Convivium Galicia da Slow Food: A Costa comeza a “xantar de vagar”.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Vimianzo